Xaneiro 2024

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)

O martes 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Este día lémbranos que todos temos que garantir unha educación que favoreza a boa convivencia en todos os ámbitos da nosa vida. Para conseguilo, é necesario que, tanto dende o centro como dende a familia, se inculquen aos máis pequenos valores que fomenten e promovan actitudes baseadas na tolerancia, o respecto, o amor e a solidariedade. Só así faremos do mundo un lugar mellor no que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades. 

Por iso, hoxe traémosvos unha entrada na que recomendamos unha serie de contos que cumpren isto. A literatura infantil converteuse nunha ferramenta educativa que invita á reflexión e permite que o alumnado coñeza outras realidades e interiorice estes importantes valores.

VIDEOCONTO "O PARAUGAS DE CEBRA"

 
 

Para conmemorar o Día Internacional da Educación (24 de xaneiro) escollemos o conto "O paraugas de cebra" do autor David Hernández Sevillano e ilustrado por Anuska Allepuz. É un conto que nos transmite o valor de compartir e ser solidario.

Esperamos que o disfrutedes!Sorriso

 

NOVOS FONDOS

CHEGARON MÁIS FONDOS PARA A BIBLIOTECA!

 

Back to top