Maio 2023

XOGANDO NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas das parroquias estes días desfrutan moito na biblioteca escolar.

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

A finais de maio o alumnado do CRA Raíña Aragonta visitou a biblioteca municipal de Salceda de Caselas.

O obxectivo desta actividade era inculcar e fomentar o hábito e o pracer da lectura nos nenos e nas nenas.

 

Moitas grazas ás bibliotecarias (Cibeles e Eva) por mostrarlles aos nenos e nenas este espazo tan especial e máxico.

 

                                            

                                            

VISITA AO ESPAZO CASELARTE

Por fin chegou o momento de que o noso alumnado coñeza o ESPAZO CASELARTE!!!

 

Foi un día cheo de emocións e alegría!!!

 

O noso alumnado estaba moi emocionado de ver a súa gran obra mestra exposta no museo e desfrutaron moito observando as creacións dos seus compañeiros e compañeiras.

 

ESPAZO CASELARTE (PRODUTO FINAL)

 

Un museo é un lugar aberto ao público onde se expoñen coleccións e obxectos da cultura. Os museos axúdannos a aprender a apreciar a historia, a arte e a cultura dun país.

 

Os nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta tiveron o pracer de expoñer as súas obras artísticas no “ESPAZO CASELARTE”, un pequeno museo que estivo situado no primeiro andar da Casa da Cultura Castelao.

 

A través da seguinte creación interactiva podedes observar os traballos artísticos que presentou o noso alumnado e acceder aos vídeos explicativos.

 

Esperamos que vos gusten.

 

ESPAZO CASELARTE

DÍA DE EUROPA (9 DE MAIO)

NOVOS FONDOS DOCUMENTAIS PARA A BIBLIOTECA

Mirade cantas novidades temos!!!

Nestes meses foron chegando a nosa biblioteca moitos libros formativos.

Back to top