Marzo 2023
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Posted Marzo 29th, 2023 by profe1O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, coincidindo coa data de nacemento do escritor Hans Christian Andersen. O obxectivo desta conmemoración é promocionar os bos libros infantís e xuvenís, e espertar nos nenos/as o interese e o amor polos libros.
Ao alumnado de 5 anos B do CRA Raíña Aragonta encántalle os libros, por iso recoméndanos para ese día unhas lecturas moi especiais.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
CONTOS EN FAMILIA
Posted Marzo 14th, 2023 by profe10O día 20 de Marzo celébrase o Día Mundial da Narración oral e que mellor forma de conmemorala que contando os contos en Familia
Moitísimas grazas pola vosa participación. Aquí tedes esta pequena recopilación dos vosos contos:
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
ESPAZO CREATIVO
Posted Marzo 13th, 2023 by profe1Na biblioteca do CRA Raíña Aragonta creamos un pequeno recuncho creativo, con diversos materiais para que os nenos desenvolvan a súa imaxinación e creatividade.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E SEMANA DA PRENSA
Posted Marzo 10th, 2023 by profe1Para conmemorar o Día Internacional da Muller (8 de marzo) e a Semana da Prensa (do 6 ao 10 de marzo), dende o CRA Raíña Aragonta estivemos traballando con diferentes artistas femininas que tiveron que publicar as súas obras baixo un pseudónimo masculino ou co nome dunha figura masculina.
No seguinte vídeo podedes ver o resultado do noso traballo.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Posted Marzo 10th, 2023 by profe1Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, o alumnado do CRA Raíña Aragonta realizou diferentes traballos artísticos mediante a técnica do colaxe. O recurso motivador destas elaboracións foron dúas obras artísticas da autora Lara Lars, nada en Salceda de Caselas en 1986.
Lara Lars é arquitecta e ilustradora. Famosa polos seus “collage” nos que se unen feminismo e surrealismo. Elabora estampas retrofuturistas e converte ás mulleres do pasado en mulleres empoderadas, protagonistas da súa propia historia.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (RECOMENDACIÓNS DE LECTURA)
Posted Marzo 3rd, 2023 by profe1Se queremos igualar os dereitos de homes e mulleres, é a nosa obriga como docentes educar en igualdade, independentemente de se é un neno ou unha nena.
Por iso, para celebrar o Día Internacional da Muller, presentamos unha selección de libros que nos axudarán a educar en igualdade.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas