Outubro 2022
-
APERTURA DA BIBLIOTECA
Posted Outubro 31st, 2022 by profe1No mes de outubro, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, abrimos a nosa biblioteca escolar a toda a comunidade educativa.
A primeira misión que nos encomendou a nosa mascota Caselín foi axudarlle a atopar o seu conto favorito.
Despois de superar varias probas e de descifrar algunhas pistas, puidemos atoparlo.
Como agasallo, o noso amigo Caselín regalounos un carné e unha bolsiña viaxeira.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
HORA DE LER
Posted Outubro 23rd, 2022 by profe1Esta semana comezamos coa Hora de Ler.
Xa temos todas as nosas carpetas preparadas con novas propostas.
Agardamos que vos gusten os libros que seleccionamos para todos vós.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O SAMAÍN
Posted Outubro 23rd, 2022 by profe1Xa chegou o Samaín!
Esta é unha data perfecta para ler aos nosos alumnos e alumnas libros con toques de misterio, con elementos fantásticos e criaturas escuras como vampiros, bruxas ou monstros.
No seguinte vídeo deixámosvos algunhas das nosas propostas.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
MATERIAL BIBLIOGRÁFICO PARA O PDI “ARTELÍN”
Posted Outubro 23rd, 2022 by profe1Na seguinte imaxe mostrámosvos todos os fondos documentais que se adquiriron dende a biblioteca para realizar o PDI do centro.
Todos estes exemplares están á vosa disposición e esperamos que vos sexan de axuda no desenvolvemento do voso proxecto e na preparación das tarefas integradas.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Posted Outubro 22nd, 2022 by profe1Estes días os nenos e as nenas do CRA Raíña Aragonta estiveron moi ocupados axudando á nosa mascota Caselín a atopar o seu libro preferido.
No seguinte vídeo podedes ver todos os retos que tiveron que superar os nosos alumnos e alumnas para poder obter as pistas necesarias para atopar o conto perdido.
A continuación a nosa mascota Caselín preséntanos unha historia coa que comezamos o noso Proxecto Documental Integrado "ARTELÍN".
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
PRÉSTAMO DE LIBROS
Posted Outubro 20th, 2022 by profe1A VINDEIRA SEMANA COMEZAMOS CO PRÉSTAMO DE LIBROS ÁS FAMILIAS.
MARTES DE 16:00 A 17:00 HORAS.
XOVES DE 17:00 A 17:30 HORAS.
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
Videoconto "O monstro de cores"
Posted Outubro 18th, 2022 by profe11Para conmemorar o día das escritoras escollemos o conto "Monstro de cores" da autora Anna Llenas. É un conto que nos axuda a identificar e xestionar as nosas emocións, polo que cremos que é unha boa proposta de lectura para o noso alumnado. Que o disfrutedes!
To commemorate Women Writers Day we have chosen the book "The Colour Monster" written by Anna Llenas. It is a story that helps us identify and manage our emotions which we consider suitable for our students age range. Enjoy ! You can watch the English version clicking on the link below. (https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/node/3182)
- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
FORMACIÓN DE USUARIOS - ALUMNADO
Posted Outubro 9th, 2022 by profe1- Engadir novo comentario.
- %count lecturas
-
AS BIBLIOTECAS DAS PARROQUIAS
Posted Outubro 9th, 2022 by profe1Despois dun mes de duro traballo (montar, organizar, reestruturar, catalogar...), por fin temos preparadas as bibliotecas das aulas de parroquias.
O noso alumnado xa dispón dun novo espazo no que poden desfrutar da lectura, e ademais, cada mes chegarán á aula novos materiais e libros procedentes da biblioteca central.
A continuación mostrámosvos como quedaron decoradas e estruturadas as bibliotecas de aula.
- 1 comentario
- %count lecturas