Skip to Content

Xoane

Imaxe de AnaFernandez

XOGOS CO PARACAÍDAS

 

A semana pasada nas clases de educación física xogamos co paracaídas. O mércores fixemos xogos cooperativos todos xuntos (olas do mar, buceamos, gato e rato, unha cabaña, as cores,...) e o venres ao entrar na aula atoparon dous paracaídas con pelotas de cores, así que estiveron investigando, experimentando, creando, inventando, descubrindo,... diferentes xogos e actividades eles mesmos. O pasaron moi, moi ben como podedes ver neste video.

Imaxe de Emilia

S.T.E.A.M.

Neste curso coñecemos novos amigos que nos van ir acompañando no noso camiño. A primeira foi a eiruga durante o primeiro trimestre, ahora neste segundo, coñecemos a Cubetto. Con Cubetto viviremos aventuras e afrontaremos novos retos. Comezamos....

 

Imaxe de Emilia

Felicidades, Brais!

O noso compañeiro Brais cumple 7 anos para festexar fixemos un pastel con chocolate. Pero so un pouquiño!

                                                      Felicidades Brais!

 

 

Imaxe de Emilia

Sementar...sementarei...

No primeiro trimestre chegounos un proxecto da Comunidade Europea sobre cultivo de hortos escolares, hábitos alimenticios e boas practicas na agricultura.Coincidiu tamén que unha das nosas familias, agasallou a escola cun conxunto de sementes variadas, polo que xa era tempo de comezar.

Iniciamonos de xeito autodidacta, e pola nosa conta e risco, pero tivemos a sorte que o noso experto en hortos votounos unha man e regalounos parte dos seus consellos! Moitas grazas a todos!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut