Skip to Content

Xoane

Imaxe de Emilia

Nin un biquiño a forza!

 

Para explicarlle os nosos nenos algo tan duro e dificil como e a violencia de xénero decidimos comezar con algo tan sinxelo como un bico. Hai bicos de moitos tipos e que teñen moitas utilidades pero a mensaxe mais importante que lles intentamos transmitir e que se non queremos un bico poden dicir que NON!!

Limos o conto NIN UN BIQUIÑO A FORZA! Falamos de todos este temas e fixemos uns beizos que cada un coloreou como quixo e que son os que recibichedes na casa !!

                                           

Imaxe de Emilia

O monstruo das cores

O pasado 22 de novembro viaxamos  ata A Coruña para ver a obra "O monstruo das cores", previamente na aula fixemos algunhas actividades referidas as emocións. 

                 

                 

                 

Imaxe de Emilia

Henri Matisse

Algúns artistas deron luz as nosa vidas, as cores, as mesturas, as técnicas artística serven como estímulo da nosa creatividade. Henri Matisse e a súa visión da arte serviunos para coñecer as cores, experimentar coas mesturas. Investigar sobre distintas formas de facer arte, gracias as suas tixeiras e, a través, da mesa de luz a xogar e crear coas cores. Coñecimos a súa vida e algunhas das historias que se esconden detrás das súas obras. 

 

 

Imaxe de Emilia

CONTINUAMOS COAS PLANTAS

Continuamos coas plantas. Despois de coñecer as partes das plantas, o seu ciclo vital, as flores, as necesidades das plantas, tipos de plantas, as clasificación das follas.... concluimos facendo uns mobiles e uns lapbooks sobre todo o aprendido. Aínda non me acostumo a sacar fotos de todo, polo que aqui solo vai unha mostra! 

 

 

Imaxe de Emilia

FLOTA OU AFUNDE!

 

Tras a nosa experiencia coas cabazas queriamos saber mais! Que fai que as cousas floten ou afundan? Depende da forma, do peso ...que mais.... Investigamos, formulamos hipoteses, realizamos probas, coñecimos a Arquimedes e achegamonos o concepto de densidade. Esta foi unha grande aventura!

 

                         

Distribuir contido


by Dr. Radut