A semana anterior ao 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, comezamos a traballar nas aulas sobre a gran poetisa galega.
Este ano escollimos o poema "Parece unha rosa", e despois de falar cos nenos e nenas sobre Rosalía e sobre este poema, levamos a cabo diferentes propostas de aprendizaxe moi interesantes e divertidas.
Mirade, mirade todo o que aprendimos!!
Caricaturas chistosas de Rosalía Pintura con acuarela
A cara de Rosalía Rosas na luz
Rimas co nome Robótica
Flores co tangram Facemos unha rosa?
Experimento con rosas Lavar unha meniña ou meniño
Vocabulario do poema Composicións conxuntas de Rosalía
Murmurador de poesía Flores con plastilina
Chegou o día de Rosalía e o celebramos facendo unha gran búsqueda do tesouro.
No patio tíñamos que atopar unha serie de pezas que, todas xuntas formaban un quebracabezas coa cara de Rosalía de Castro. Para atopar as diferentes pezas tíñamos pistas a través de códigos QR.
Non podedes imaxinar o divertido que foi, os nenos e nenas non se cansaron de correr e buscar ata conseguilo, realizando un gran traballo en equipo.
E como non podía ser doutra maneira ao final conseguiron un agasallo. Parabens!!!
COMENTARIOS
hai 3 anos 32 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 6 anos 16 semanas