FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS
O venres 14 de maio celebramos nas escolas o festival das Letras Galegas. Como podedes ver gozamos dunha maña moi diferente e divertida.
As nenas e nenos fixeron unha exposición no exterior das escolas en homenaxe a Xela Arias, cos traballos realizados ao longo de toda a semana.
A continuación non paramos de bailar e cantar no marabilloso concerto de Pakolas. Vaia forma de mover o esquelete a ritmo de rock!!
Paramos un pouco a repoñer forzas cunha boa merenda.
E para rematar gozamos un bo rato con xogos populares e tradicionais: os birlos, carreiras de sacos, zancos, as lorchas, torres de mazarocas, circuito de chapas, os trompos, o pedal...
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 14 semanas