Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENDL

Imaxe de AnaFernandez

MONSTROS CON MAZORCAS

 

A semana do Samaín os nenos e nenas trouxeron ás aulas monstros feitos con mazorcas de millo para facer unha exposición e decorar as escolas.

O resultado foi maravilloso, auténticas obras de arte feitas con moita imaxinación.

Moitas grazas familias!!

 



Imaxe de AnaFernandez

OS NOSOS MONSTROS

 

A semana pasada apareceu nas aulas do CRA unha misteriosa caixa con diferentes pezas  (caixas, pinas, corcho, noces, mazorcas,...) acompañada dunha nota. Tratábase dunha misión para as nenas e nenos con motivo do Samaín.

O monstro rosa mandounos un video pedíndonos axuda urxentemente, os seus amiguiños tiveron un accidente e quedaron reducidos a pezas, que eran as que estaban na caixa. A nosa misión foi contruir aos seus amigos, os monstros antes de que fora tarde. Os nenos e nenas non perderon nin un minuto e construiron os monstros cun resultado espectacular como podedes ver no video.

Son uns auténticos artistas!! 

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

TEATRO LIDO Xosé Manuel Eirís

No mes de outubro, as nenas e nenos da escola de Cances e de Sísamo participaron no XIX Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, dentro das actividades do FIOT que organiza o concello de Carballo e a asociación cultural Telón e Aparte en colaboración co Grupo Voz.

A "Banda do Pichorro" de Cances dramatizaron o conto "A historia da tartaruga e o ourizo".

"A Raiña" de Sísamo interpretaron a historia titulada "O convite".

Imaxe de Jesus

Pequefeira 2019

O venres 31 de maio, os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra, como remate final ao traballo de todo un ano no proxecto de Horto Ecolóxico, participamos na Pequefeira organizada polo Concello de Carballo

Foi unha gran experiencia para os nenos e nenas, no que tiveron que por en práctica todas os seu bo facer, encargándose de vender, cobrar o trato cos clientes e desbordando simpatía e ao mesmo tempo.

Por último, compartir o éxito desta actividade coas familias do CRA, ás cales desexamos amosarlles o noso fondo agradecemento pola súa colaboración,

Moitas grazas.

 

Imaxe de AnaFernandez

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta ano as Letras Galegas están adicadas a Antonio Fraguas e nas diferentes escolas do CRA os nenos e nenas fixeron diferentes actividades para coñecer a este escritor que tantas cousas fixo pola nosa terra galega.

Aprenderon cousiñas importantes sobre a vida e obra de Antonio Fraguas a través de asambleas, videos, actividades na pizarra dixital. 

 

 

 Escoitaron as cancións do disco "Canta, miña pedra, canta", un percorrido pola tradición popular recollida no Cantigueiro de Cotobade de Fraguas.

 

 

Traballaron e aprenderon diferentes contos do autor: "O casamento da pulga", "Eu pedinlle leite á vaca" e "O bolo".

 

 

E incluso nalgunha aula fixeron o bolo de pan, que estaba boísimo!!

 

  

 

E no tempo de propostas de aprendizaxe, tamén apareceron diferentes propostas relacionadas con Antonio Fraguas: puzles, marcapáxinas, retratos do autor para colorear, completar contos coas palabras axeitadas,...

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut