Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENDL

Imaxe de AnaFernandez

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos nas escolas o Día da Non Violencia e da Paz.

As nenas, nenos e familias escribiron en cintas de cores os seus desexos para ter un mundo mellor. Despois os colgaron en diferentes zonas do patio para facer visibles as súas mensaxes.

 

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

CALENDARIO DE ADVENTO

Para celebrar a chegada do inverno e o nadal, nas aulas das escolas fixemos un calendario de advento con diferentes adiviñas para os nenos e nenas.

Cada día ao chegar a escola ían ao calendario e tiñan que ler e descubrir unha adiviña nova. Xa chegaban con moita ilusión co obxectivo de adiviñala e superar o reto. 

Imaxe de AnaFernandez

POSTAIS DE NADAL

Coma todos os anos ao chegar estas datas os nenos e nenas participaron no Concurso de Postais e Carteis de Nadal organizado polo concello de Carballo, que ten como obxectivo seleccionar a tarxeta de felicitación do concello e o cartel que anunciará as vindeiras festas de Nadal. 

Os nenos e nenas do cole fixeron un gran traballo presentando unhas tarxetas moi fermosas e con moito arte.

Ademais, este ano unha nena de Verdillo foi a gañadora deste concurso polo que estamos moi ledos. 

Noraboa a todos e todas polos vosos traballos e esforzo!!

 

Imaxe de AnaFernandez

RETRINCOS DE HISTORIAS!

 

Con motivo do 25N a comunidade educativa do CRA PONTE DA PEDRA fixemos unha exposición no Mercado Municipal de Carballo co que pretendemos poñer de manifesto o rexeitamento contra a violencia cara á muller.

Neste proxecto conxunto traballamos unidas a familia e a escola durante o mes de novembro a través de pequenos relatos e vivencias de mulleres importantes que constrúen a historia das nosas vidas.

Para iso, cada neno e nena, nalgúns casos acompañados delas, achegaron á escola unha prenda de roupa representativa desa muller, resaltando o papel dela no seu crecemento emocional.

Logo da achega, e a través dunha quedada conxunta, as familias e os nenos e nenas cortaron e uniron retrincos desas prendas que son a base da instalación interactiva da que pretendemos que todos e todas participedes deixando un retrinco da vosa historia.

   



Imaxe de AnaFernandez

SAÍDA Á BIBLIOTECA

O martes todo o colexio visitamos a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo. 

Acercámonos ata Carballo en autobus, visitamos a biblioteca e gozamos dun contacontos cun rato moi divertido.

Todas e todos o pasamos moi ben!!


Distribuir contido


by Dr. Radut