Os nenos e as nenas das escolas do CRA Ponte da Pedra veñen de celebrar o festival de Nadal 2015, onde os pais, nais, así como toda familia puideron ver o esforzo que os mais cativos da casa fixeron.
Uns artistazos e artistazas!!!
Así mesmo tivemos unha visita moi ilusionante. As súas Maxestarde os Reis Magos de Oriente que nos trouxeron a todolos nenos e nenas un agasallo.
Por último dende o CRA Ponte da Pedra, mestres e alumnado compracenos desexarvos unhas moi boas festas e mellor aninovo!!!
Onte, día 25 de novembro, día da non violencia de xénero, celebrámolo traballando a igualdade entre nenos e nenas con un contacontos multitudinario na Centro Social de Berdillo, onde grazas a Centro de Información da Muller de Carballo, todos os nenos e as nenas do CRA puideron escoitar o conto dun dragón e e unha princesa valente, e o dunha nena constructora de cabanas.
O 22 e 23 de outubro todos os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra fixemos unha visita guiada á Biblioteca Municipal Rego da Balsa, onde puidemos ver as súas amplas instalacións e os diferentes espazos tanto para adultos como para nenos e nenas.
Alí desfrutamos coas magnificas bibliotecarias dos diferentes recunchos da biblioteca e do seu amplo catálogo de contos, así como dun pequeno e fermoso contacontos.
Como podedes ver nas seguintes fotos, os nenos e nenas desfrutárono moito e seguro que quedaron con ganas de volver moitas máis veces.
COMENTARIOS
hai 3 anos 32 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 4 anos 38 semanas
hai 6 anos 16 semanas