O venres 3 de novembro celebramos todo o CRA Ponte da Pedra o magosto nas instalacións da escola de Cances e no local social da veciñanza de Cances, que nos cedeu moi gustosamente.
Tivemos unha xornada lúdico-gastronómica na que xogamos no exterior da escola a diversos xogos de habilidade, matamos a fame con castañas e para rematar fixemos a entrega de premios do concurso de Samaín.
O luns 19 de xuño iremos en autobús o parque zoolóxico de Marcelle, onde aprenderemos a importancia de coidar e conservar a natureza. O alumnado deberá traer: - Roupa e calzado cómodo para camiñar no parque zoolóxico. - Gorra e crema solar xa botada, para protexerse do sol. - Unha mochila con dous botellíns de auga e un bocadillo para á hora de xantar. Agradecer ao Ecmo. Concello de Carballo pola axuda de 840 € para o desenvolvemento desta actividade. Horario: 9.00 h. ata as 18.30 h.
O 21 de decembro, e tras moitos ensaios previos nas aulas, os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra enfrontaronse a actuar en público.
Fixérono xenial, e divertímonos moito.
Foi un día moi especial, coas actuacións de todas as escolas do CRA e a visita das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que viñeron grazas á dedicación e empeño da asociación de nais e pais do CRA, ANPA A Carballeira.
A súas Maxestades os Reis Magos de Oriente recibirón as cartas dos neno e nenas, e entregarón unha galleta chocolateada como agasallo a cada un deles.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 21 semanas