De acordo coa Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.
De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.
Todos aqueles que estades interesados tedes que presentar a vosa candiatura. Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do CRA. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 15 de novembro.
As votacións realizaranse neste Centro o día 26 de novembro, en horario que se comunicará.
Van adxuntos toda aquela información de voso interese: Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o Censo dos pais/nais do CRA Ponte da Pedra, Calendario para a realización de eleccións ao Consello Escolar, Circular das eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar, Impreso da Candiatura de pais/nais
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas