Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ELECCIÓNS Ó CONSELLO ESCOLAR 2012

Imaxe de Pili

De acordo coa Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.


 De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2010.


Todos aqueles que estades interesados tedes que presentar a vosa candiatura.  Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do CRA. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 15 de novembro.


 As votacións realizaranse neste Centro o día 26 de novembro, en horario que se comunicará.


 Van adxuntos toda aquela información de voso interese: Resolución do 07 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, o Censo dos pais/nais do CRA Ponte da Pedra, Calendario para a realización de eleccións ao Consello Escolar, Circular das eleccións dos representantes de nais e pais ó Consello Escolar, Impreso da Candiatura de pais/nais

AdxuntoTamaño
Resolución do 7 de setembro do 2012_calendario_eleccion_membros_consello_escolar[1].pdf519.66 KB
Censo pais_nais curso 2012_13.pdf71.98 KB
CALENDARIO PARA A REALIZACIÓN DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR[1].pdf66.62 KB
Circular informativa eleccións representante pais_nais.pdf130.64 KB
Impreso Candidatura pais.pdf110.59 KB


page | by Dr. Radut