Skip to Content

Educación Infantil, Educación Primaria, Equipos de centro, Act. Complementarias, ENDL, TICs, Proxecto Lector

Imaxe de MarVaamonde

PREMIOS EDIGA

Esta fin de semana o CRA Ponte da Pedra participou por segunda vez nos Premios Ediga, e non volveron coas mans valeiras.  Este traballo, xurdido gracias ao Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros adicado á Pizarra Dixital interviñeron moitos dos mestres do CRA (Mar Vara, Sara, Viqui, Rocío, Isabel, César, Ángela, María, Pili), dun xeito colaborativo e coordinado por Verónica Ramos.

E aquí tendes un video coa presentación do material a cargo da nosa compañeira Pili: PINCHA PARA VER O VIDEO

Imaxe de MarVaamonde

OBXECTIVOS ANUAIS DO PLAN TIC (Curso 2008/09)


1.- Actualizar o inventario dos elementos TICs presentes nas escolas e na sede do CRA.
Atopamos necesario levar un rexistro o máis minucioso posible dos aparellos das escolas (marca e modelo, número de serie, estado,...) cun doble fin: coñecer e dar a coñecer aos novos mestres o inventario real dos recursos que conta o CRA e a súa localización e para facilitar e axilizar os procesos de arranxo e posibles partes de incidencia.

2.- Continuar coa construcción da páxina web do centro.
O ano pasado iniciouse a construcción da web do centro. Non obstante compre seguir traballando nela co fin de que se convirta no futuro nunha canle de intercambio de información entre as escolas do CRA e as familias. Consideramos que a páxina web pode convertirse nun elemento vertebrador para alcanzar a maior parte dos obxectivos anuais do presente CRA.

3.- Mellorar a formación do profesorado respecto ao uso das novas tecnoloxías, en concreto, sobre a utilización do Encerado Dixital.
O curso pasado realizouse un Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros, co obxectivo de iniciar ao profesorado do CRA na utilización das pizarras dixitais interactivas, un material novo enviado pola Consellería de Educación nese mesmo ano.
Debido á gran renovación de profesorado deste curso, a metade dos mestres/as non están familiarizados coas PDIs, polo que vemos de novo necesario realizar un novo proceso de formación co fin de aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrece.
Así mesmo, dende o equipo de Coordinación Tic trataremos de ofrecer pequenos seminarios de traballo ou elaboración de titoriais formativos co fin de aumentar e mellorar a capacitación do profesorado no uso e emprego das TICs en educación.

4.- Dotar ao alumnado dunha competencia dixital axeitada ás súas idades.
Ademáis da utilización das TICs como ferramentas ao servizo do mestre como medio de presentación dos contidos, é un obxectivo da nova lexislación o de dotar ao alumnado dunha competencia dixital. Neste sentido a integración das novas tecnoloxías no traballo cotián da aula (explicacións, actividades,…) contribuirá a que os nenos/as se vaian familiarizando con ditas tecnoloxías e coas posibilidades que éstas ofrecen.

5.- Colaborar a alcanzar os obxectivos prioritarios do Plan de Convivencia.
Unha das premisas do Plan de Convivencia é o de de aumentar as relacións entre as escolas, así como o de fomentar entre o alumnado do sentimento de pertenza a un centro. En base a isto, preténdese levar a cabo videoconferencias entre as escolas, co fin de que os alumnos/as realicen unha presentación do seu cole e se coñezan mellor. Tamén trataremos de fomentar o intercambio de mails entre o alumnado/profesorado do centro durante as clases.

6.- Utilizar as novas tecnoloxías como recurso metodolóxico nas nosas clases.
Seguindo a lexislación actual, todos os titores e especialistas deben incorporar nas súas clases estas tecnoloxías, servindo de apoio na aula das nosas explicacións, realizando actividades, etc. A aplicación das TICs convértese nunha peza clave na educación e formación dos nosos alumnos/as.


Todos estes obxectivos perseguen outro xenérico que é o de contribuir á mellora da calidade da educación a través da integración das TICs nos procesos educativos dos alumnos/as.


 
COMPOÑENTES DO EQUIPO TIC
Mª Concepción Cascón Bravo
Jesús R. Prado Lorenzo
Pilar Fernández Blanco
Verónica Ramos Basoa
Mar Vaamonde García
Mar Vara Ogando
Coordina: Mar Vaamonde García

 

Imaxe de MarVaamonde

EQUIPO DE EDUCACIÓN PRIMARIA - CURSO 2008/09

COMPOSICIÓN DO EQUIPO DE PRIMARIA

O equipo do equipo de Educación Primaria está integrado polos seguintes mestres/as:
■  Ana Borrazás Rodríguez
■  Mª Concepción Cascón Bravo
■  Mª del Rocío Fandiño Gantes-García
■  Pilar Fernández Blanco
■  Ángela López Covelo
■  A. César Rodríguez Vasco
■  Mar Vaamonde García 
■  Mar Vara Ogando 

 
Coordinadora:
Noméase a Mar Vara Ogando como coordinadora do ciclo de E.P.
Reunións: As reunións de equipo levaranse a cabo o primeiro mércores de cada mes.

Imaxe de MarVaamonde

EQUIPOS DE COORDINACIÓN DE CENTROS - Curso 2008/09


EQUIPO INFANTIL. Coordinación: Mª Victoria Yáñez Seoane
Sara Breijo Painceira
María José García Pita
Cristina Alsira Iglesias Fernández
Mónica López Vilariño (Substitue: Verónica Ramos Basoa)
Mª Concepción Núñez Desiré
Luz Quiroga Fraga
Ramón J. Santos Seijo
Isabel Vázquez Vázquez
Mª Victoria Yáñez Seoane
 
EQUIPO PRIMARIA: Coordinación: Mar Vara Ogando
Ana Borrazás Rodríguez
Mª Concepción Cascón Bravo (Substitue: Verónica Gómez Blanco)
Mª del Rocío Fandiño Gantes-García
Pilar Fernández Blanco
Carolina Pérez Vázquez (Substitue: Ángela López Covelo)
A. César Rodríguez Vasco
Mar Vaamonde García
Mar Vara Ogando
 
COMISIÓN PEDAGÓXICA.         Preside: Mª Concepción Núñez Desiré.
                                                         Secretario: Jesús R. Prado Lorenzo
Ana Borrazás Rodríguez
Pilar Fernández Blanco
María José García Pita
Mª Concepción Núñez Desiré
Jesús R. Prado Lorenzo
Mar Vaamonde García
Mar Vara Ogando
Mª Victoria Yáñez Seoane
 
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Coordinadora: María José García Pita
María José García Pita
Ángela López Covelo
Mª Concepción Núñez Desiré
Mª Victoria Yáñez Seoane
 
ACT. EXTRAESC. E COMPLEMENTARIAS. Coordinadora: Mª del Rocío Fandiño Gantes-García
Ana Borrazás Rodríguez
Sara Breijo Painceira
Mª del Rocío Fandiño Gantes-García
Cesar A. Rodríguez Vasco
Ramón J. Santos Seijo
Isabel Vázquez Vázquez
 
PLAN LECTOR. Coordinación: Luz Quiroga Fraga
Cristina Alsira Iglesias Fernández
Mónica López Vilariño (Substitue: Teresa Taboada Rivas)
Luz Quiroga Fraga 
 
TICS. Coordinación: Mar Vaamonde García
Mª Concepción Cascón Bravo (Substitue: Verónica Gómez Blanco)
Jesús R. Prado Lorenzo
Pilar Fernández Blanco
Mar Vaamonde García
Mar Vara Ogando

Imaxe de MarVaamonde

EDIGA - Encerado Dixital Galego

 

Ediga

 

Ediga.net é un punto de encontro, un lugar onde podes atopar información sobre a Pizarra Dixital, ver o que fan compañeiros/as doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación,… Posúe tamén un foro no que dan resposta a todas as dúbidas que poden xurdir no emprego da EDI ou PDI.

Unha das partes máis interesantes é a parte de Descargas, onde se pode baixar dende o software da PDI ata recursos feitos por mestres/as. Tamén podedes subir vós o voso material para compartilo cos demáis.

En definitiva, é un portal para navegar por el e ir descubrindo pouro a pouco todas as posibilidades que ofrece. Moi recomendable!

O enlace é fácil de recordar: www.ediga.net.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut