O vindeiro venres e tras varios retrasos debido á climatoloxía, pero por fín imos visitar dous fitos arquitectónicos da nosa historia en Cabana de Bergantiños, moi, moi, preto de Carballo.
Esta excursión aportará unha experiencia moi vívida para o noso alumnado e unha grana aportación ao proxecto da historia que traballamos este ano no CRA Ponte da Pedra, para o cal atopamos xenial unha unidade didáctica do centro arqueolóxico do Barbanza que traballa o Neolitico, a Idade de Ferro e os Castrexos.
Para saber mais sobre o Neolítico e o Dolemn de Dombate podedes ver os seguintes videos:
Neste video podedes ver como se construiu o Dolmen de Dombate e a vida no Neolítico
Neste podedes ver explicacións sobre o O Dolmen de Dombate máis polo miudo
Neste video podemos ver como é Castro de Borneiro (A Cidá).
Na páxina www.escuela20.com aparece un artigo no que esplica de forma sinxela e clara aspectos da crianza dos neno/ass nas diferentes idades.
Aínda que algúns poden ser discutibles debido aos posibles riscos para a seguridade dos nenos/as, poden servir de referencia en relación ao nivel de autonomía.
Non dubidedes en botarlles un ollo e facer unha analise critica dos mesmos e telos como referencia.
Un ano máis o CRA Ponte da Pedra ven de celebrar o Festival de Nadal coas actuacións dos nenos e nenas, os cales puxeron todo o empeño e ilusión para que este festival fose do agrado dos pais, nais, abós, aboas, tios, tias, e resto dos asistentes.
O noso agradecemento moi especial ao concello de Carballo por cedernos as súas instalación e ao personal técnico que sen a súa inestimable colaboración non sería posible.
E como non un agradecemento moi especial á ANPA a Carballeira por colaborar coa grabación das actuacións, e conseguir que nos visitaran os Reis Magos no festival e o Papa Noel en todas e cada unha das escolas do noso CRA, algo que sin dúbida debeu deixar a Papa Noel esgotado.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas