Skip to Content

Educación Infantil, Educación Primaria, Equipos de centro, Act. Complementarias, ENDL, TICs, Proxecto Lector

Imaxe de AnaFernandez

OS NOSOS MONSTROS

 

A semana pasada apareceu nas aulas do CRA unha misteriosa caixa con diferentes pezas  (caixas, pinas, corcho, noces, mazorcas,...) acompañada dunha nota. Tratábase dunha misión para as nenas e nenos con motivo do Samaín.

O monstro rosa mandounos un video pedíndonos axuda urxentemente, os seus amiguiños tiveron un accidente e quedaron reducidos a pezas, que eran as que estaban na caixa. A nosa misión foi contruir aos seus amigos, os monstros antes de que fora tarde. Os nenos e nenas non perderon nin un minuto e construiron os monstros cun resultado espectacular como podedes ver no video.

Son uns auténticos artistas!! 

 

 

 

Imaxe de AnaFernandez

TEATRO LIDO Xosé Manuel Eirís

No mes de outubro, as nenas e nenos da escola de Cances e de Sísamo participaron no XIX Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís, dentro das actividades do FIOT que organiza o concello de Carballo e a asociación cultural Telón e Aparte en colaboración co Grupo Voz.

A "Banda do Pichorro" de Cances dramatizaron o conto "A historia da tartaruga e o ourizo".

"A Raiña" de Sísamo interpretaron a historia titulada "O convite".

Imaxe de MaríaLopez

Comezamos o curso 2019/2020

 

Imaxe de Jesus

Naturmaz 2019.

O luns 10 de xuño, como excursión final de curso, tadas as alumnas e alumnos do CRA visitamos Naturmaz, onde disfrutamos dunha magnífica xornada de divertidos xogos e actividades deportivas, ademáis de visitar a súa granxa escola e aprender moito de avións.

 

Imaxe de Jesus

Pequefeira 2019

O venres 31 de maio, os alumnos e alumnas do CRA Ponte da Pedra, como remate final ao traballo de todo un ano no proxecto de Horto Ecolóxico, participamos na Pequefeira organizada polo Concello de Carballo

Foi unha gran experiencia para os nenos e nenas, no que tiveron que por en práctica todas os seu bo facer, encargándose de vender, cobrar o trato cos clientes e desbordando simpatía e ao mesmo tempo.

Por último, compartir o éxito desta actividade coas familias do CRA, ás cales desexamos amosarlles o noso fondo agradecemento pola súa colaboración,

Moitas grazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut