RESERVA PRAZA 24/25
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 21 de outubro de 2022 que a modifica, o próximo día 16 de xaneiro inícianse os trámites do procedemento para a reserva de praza nos centros adscritos.
A adscrición das nosas escolas é a seguinte:
- 6º de EI de Mirón e Rega: CEIP Fogar.
- 2º de EP de Artes e Verdillo: CEIP Gándara (Sofán).
- 2º de EP de Cances, Sísamo e Xoane: CEIP Bergantiños.
PRAZO DAS SOLICITUDES: do 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
PRESENTACIÓN:
- medios telemáticos coa CHAVE365 ou certificado dixital na aplicación admisionalumnado.
- xeito presencial na sede do CRA por medio do formulario normalizado ED550A ou descargándoo no archivo adxunto a esta páxina.
IMPORTANTE: Segundo o artigo 11.2 esta reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1-20 de marzo).
(É dicir, o que desexe praza noutro centro diferente ao adscrito deberá renunciar por escrito á súa reserva de praza)
NORMATIVA DE APLICACIÓN
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas