Skip to Content

Matriculación

Imaxe de MarVaamonde

Resolución da Comisión de Escolarización 2011

Adxuntamos a acta e listaxes da adxudicación de prazas para o curso escolar 2011/12. Estas listaxes poden igualmente consultarse xa nos taboleiros das nosas escolas e na sede do CRA. 
 Acta da Comisión de Escolarización 
 Listaxes das adxudicacións

 

Imaxe de MarVaamonde

PROCESO ADMISIÓN ALUMNOS - Renda da unidade familiar

Sobre a renda da unidade familiar:

 1.Na solicitude de admisión os representantes legais do alumno autorizarán expresamente a utilización da información de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar, que será subministrada directamente á Consellería de Educación pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. Tanto que se opte por unha tributación conxunta, como individual, a autorización concederase por ambos os dous cónxuxes  e deben figurar todos os declarantes da unidade familiar. De non ser o caso, deberáse entregar coa copia das solicitudes de admisión unha copia da documentación acreditativa oportuna pola que asine un só cónxuxe.

2. A dita información será a que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos ao ano natural no que se presenta a solicitude (2009

3. Os interesados e interesadas en que sexa valorada a renda da unidade familiar, deberán facer constar a cantidade resultante da suma dos recadros  455 e 465 da declaración da renda do ano 2009 de cada un dos declarantes da unidade familiar.

4. O indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano 2009 foi 6326,86 €. (Disposición adicional vixésima octava da Lei 2/2008 do 23 de decembro de Presupostos Xerais do Estado para 2009, BOE do 24 de decembro).
 

Por tanto, no apartado 10 do baremo referido á Renda anual da unidade familiar, as puntuacións serán as seguintes:
     
A.- Iguais ou inferiores a 6.326,86 €  ……... 3 puntos
     B.- Superiores a 6.326,86 € e inferiores ao duplo: 12.405,60 € .... 2 puntos
     
C.- Superiores a 12.653,72 € e inferiores ao triplo: 18.980,58 € .... 1 punto
    
D.- Iguais ou superiores ao triplo: 18.980,58 € ….……… 0 puntos

  

 

Imaxe de MarVaamonde

PROCESO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2011/12

 
SOLICITUDES:
As solicitudes poden recollerse nas escolas, na sede do centro ou na seguinte ligazón: Descargar solicitude (Anexo II). Deberán ser entregadas na sede do CRA.
 
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: 
   - Fotocopia do libro de familia ou DNI do neno/a.
   - Certificación do enderezo familiar (ou laboral)
   - Xustificación de familia numerosa (de ser o caso)
   - Xustificación de discapacidade (de ser o caso)
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 1 ao 31 de marzo. Presentarase unha solicitude nun único centro, que será no centro onde se solicita praza en primeira opción, sendo ineficaces todas as solicitudes en caso de incumprimento desta norma (Orde do 17 de marzo).
 
DATOS DE INTERESE:
Áreas de Influencia: A Parroquia onde están ubicadas as escolas
Centros adscritos: O CEIP “ Fogar” (escolas de Artes, Berdillo, Rega e Mirón)  e o CEIP “Bergantiños” (escolas de Cances, Sísamo e Xoane)
Proxecto Educativo e normativas vixentes: Estes documentos están colgados na sede e nesta web para consulta pública.
   - Proxecto Educativo. Descargar. (próximamente)
   - Normativa vixente
Vacantes. Descargar.
 
CALENDARIO:
Do 1 ao 30 de Abril: Prazo para entregar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
Antes do 30 de Abril: Listaxes provisionais.
Do 1 ao 5 de Maio: Prazo de reclamación ás listas provisionais.
Antes do 20 de xuño: Listaxes definitivas.
Do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula.
 
LEXISLACIÓN APLICABLE:
- Decreto 30/2007 do 15 de marzo polo que se regula a admision do alumnado nos centros publicos.
- Orde do 17 de marzo do 2007 pola que se regula o procedemento de admisión dos alumnos)
  
HORARIOS DE RECOLLIDA DE SOLICITUDES:
Luns: 11.30-14h e 15.30-17.30h
Martes: 10.30-14h
Mércores: 13-14h
Xoves: 11.30-14 h
Venres: 12.30-14h

Imaxe de Pili

PLAZO DE ESCOLARIZACIÓN

Plazo de Escolarización- Novas matrículas

 

O plazo de Escolarización para matricula nova é do 1 ó 31 de Marzo do 2011

As solicitudes pódense recoller nas escolas, na sede ou descargalas na propia web a partires do 1 de Marzo

Para entregar a solicitude coa documentación necesaria, será na SEDE (Avda. Vázquez de Parga 119 bl-2 1º D) no seguinte horario

Luns: 12-14h e 15.30-17.30h

Martes: 10.30-14h

Mércores: 12.30-14h

Xoves: 11-14h

Venres: 13-14h

 

En poucos días colgaranse as vacantes </span>que hai en nosas escolas.

Distribuir contido


by Dr. Radut