Skip to Content

Rega

Imaxe de MaríaLopez

PERMISO DE CONDUCCIÓN

A última semana de escola tivemos unha visita moi especial. Paula, a mamá de Pablo, veunos a explicar cómo era o seu traballo. 

Aproveitamos para que Paula nos fixera diferentes probas para saber se tiñamos as condicións adecuadas para sacar o Carnet de patinete e bici. E claro, como non, as nenas e nenos da Rega están en perfectas condicións para conducir patinetes e bicis sempre, eso sí, con casco.

Aquí vos amosamos algunhas das probas de vista, oído, atención, concentración e tensión que fixemos con Paula.

Gracias,unha vez máis, ás familias e a súa tan necesaria colaboración.

         

 

Imaxe de MaríaLopez

Instalación de Xogo: O Mar

Xa sabedes que na Rega fan falta moi poucos elementos para pasalo xenial. Por iso, para simular o mar,  unimos: a tabla curva, as pontes de espuma, as pedras de cores (elaboradas polos nenos e nenas do Cra para o Salón do Libro de Carballo), o retroproxector e moitas ganas de disfrutar. 

Aquí tedes o exemplo do ben que o pasamos. 

PINCHADE NAS IMAXES PARA VER OS VÍDEOS.

Imaxe de MaríaLopez

O MUNDO ESTÁ NAS NOSAS MANS

O 5 de Xuño celébrase o Día Mudial do Medio ambiente e na escola da Rega unímonos ao reto viral #boicotalplástico2019; un reto que pretende que reflexionemos sobre a cantidade de productos envoltos en plástico que consumimos a diario e que acaban chegando aos nosos océanos e, incluso, á nosa cadena alimentaria.

As bases fundamentais de levar a cabo este reto na aula foron principalmente: reducir o uso de plásticos de un solo uso na nosa aula e concienciar ao alumnado, familias e a mín mesma sobre o uso abusivo dos plásticos no noso día a día.

Para iso "prohibimos" o plástico de un solo uso nas nosas merendas e as botellas pequenas de auga; ademais con motivo de celebración deste día aportamos un gran máis de area, RECICLAMOS PAPEL.

     

     

 

Imaxe de MaríaLopez

Paseo polo Río Anllóns

"Indo para o Río de Anllóns,

todo é de mal camiño estaba a filla de Paco 

metida nun furadiño" ( Canción popular, modificada para o día)

A semana pasada fixemos unha pequena saída ao Río Anllóns. Desfrutamos vendo o recorrer do Río, comemos Xamón con Pan, xogamos no Parque e voltamos á escola de Mirón para resguardarnos da  forte calor. 

                                         

                                               

Distribuir contido


by Dr. Radut