Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Rega

Imaxe de MaríaLopez

Texto expositivo e texto narrativo

Sempre que comezamos un novo tema de investigación cambiamos a nosa biblioteca. Eleximos para as nenas e nenos libros que lle proporcionen información e historias para comezar as súas indagacións. Na aula traballamos con diferentes tipos de textos entre os que destacan dous grupos os narrativos e os expositivos, para eles libros de información e contos. Están familiarizados cos diferentes tipos de texto e coñecen que teñen utilidades e usan recursos diferentes. Polo que en cada comezo de proxecto clasificamos os libros da nosa biblioteca, buscamos información nos textos expositivos e desfrutamos con cada un dos contos e poesías (eso sí, algunhas veces temos que votar qué conto lemos, temos tantos!)

Imaxe de MaríaLopez

30 de Xaneiro, Día da Paz

O día 30 de Xaneiro celebrouse o Dia da Paz e da Non Violencia. Seguindo a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro establecemos un espazo da nosa aula para situar a mesa da Paz no que relaxarnos, sentir, falar... A raíz do éxito que tivo a botella da calma decidimos facer unha botella para cada un de nós.

 

                                      

Imaxe de MaríaLopez

PLANETA TERRA

Como sabedes, comezamos a investigar sobre a neve, tema elexido por eles para este trimestre. O punto de partida foi situar no noso planeta en qué lugares podíamos atopar máis neve, xeo... Para iso fixemos, cada un de nós, un pequeno planeta de plastilina situando tanto o polo norte, como o polo sur. Mentres moldeábamos a Terra falamos da contaminación do noso planeta, dos nosos mares, glaciares e como estamos a deixalo.  Polo que no noso "minimundo" de esta semana representeilles os planetas que eles crearon, cubertos con plástico, simbolizando que estamos afogando ao MUNDO. De momento, na Rega, xa temos axuda dos Bolechas (gracias Anxo, por traernos estes contos) para explicarnos que é iso do Reducir, Reutilizar e Reciclar e comezar a coidar un pouquichiño máis o pedaciño de Terra no que vivimos.

 

 

Imaxe de MaríaLopez

Paisaxe Nevado

Un espacio de xogo de luces e neve, onde as nenas e nenos interectúan e crean momentos únicos. Aquí tedes un exemplo da proposta desta semana.

Imaxe de MaríaLopez

A debuxar! Con Hervé Tullet

Seguimos con cambios na aula, e tiñamos un recunchiño que necesitaba ser tapado. Aproveitando o xogo do artista plástico Hervé Tullet e seguindo as indicacións das tarxetas (debuxar puntiños arriba, agora cadrados cos ollos pechados...), creamos un pequeniño mural do inverno. 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut