Skip to Content
Imaxe de teresa

FIN DUNHA FERMOSA ETAPA...

AGRADECEMENTO

Hoxe remata o curso lectivo 2018/2019 no C.R.A. Ponte da Pedra e con el, finaliza unha etapa de nada máis e nada menos que 4 anos:

4 anos dun proxecto de dirección que, con moito esforzo e paixón, puxo en valor todas e cada unha das nosas escolas.

Así, hoxe e sempre, o noso máis sincero agradecemento ao noso exdirector Jesús: a túa calidade profesional e humana deixa unha fonda pegada no C.R.A. e en todas e todos os que tivemos a sorte de camiñar ao teu carón.

Gracias, tamén, a todas as mestras e mestres polo seu excelente traballo e implicación ao longo destes anos; especialmente, ás compañeiras Amelia e Ana. Moita sorte na vosa nova andaina.

BO VERÁN!!

Imaxe de Jesus

Día do Deporte 2019

Como remate de curso, o CRA Ponte da Pedra celebramos o Día do Deporte no Polideportivo Carballo Calero, desfrutando dunha deportiva xornada e dunha merenda saudable a base de mazáns e sandía.

Repartíronse agasallos aos alumnos que nos deixan e unha emotiva despedidad entre as familias e as mestras e mestres.

Moitas grazas familias e bo verán!!!

 

Imaxe de Jesus

Despedida

Como remate de curso, gustaríanos despedir aos compañeiros e compañeiras que rematan a súa andanza no noso centro educativo.

Moita sorte e ata sempre!!!

Imaxe de Jesus

Día do deporte 2019.

Imaxe de Jesus

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2019-2020

O  alumnado admitido no CRA Ponte da Pedra, debe formalizar a matrícula do 20-30 de xuño, na Sede do CRA Ponte da Pedra.

Deberase entegar a seguinte documentación:

- Copia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

- Fotografía tamaño carnet.

- Documento da Formalización.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

* Os días 24 e 25 de xuño son festivos locais.

Distribuir contido


by Dr. Radut