Skip to Content
Imaxe de teresa

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

· Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión: Do 1 ao 22 de marzo ás 14:00h.(Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica (do 1 ao 20 de marzo)// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 25 marzo ao de 14 abril ás 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

· Centros adscritos:

 CEIP FOGAR: Escolas de Mirón e Rega

 CEIP BERGANTIÑOS: Escolas de Cances, Sísamo e Xoane

 CEIP GÁNDARA-SOFÁN: Escolas de Artes e Berdillo

· Área de Influencia:

 A área de influencia das escolas do CRA Ponte da Pedra son as parroquias onde se atopa cada escola.

 Zona limítrofes: ver mapa.

 Outra información: Resolución da Xefatura Territorial de Educación da Coruña de data 24/2/16 sobre a modificación de áreas de influencia do concello de Carballo.

 

· Nota informativa:

  Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle

  O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

 A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

 O C.R.A. Ponte da Pedra non dispón de servizos complementarios de transporte nin comedor.

 No C.R.A. Ponte da Pedra existen Seccións Bilingües nas aulas de Educación Primaria de Sísamo e Verdillo.

· Prazas vacantes ofertadas para o curso 2020/2021:

 

 

 

 

· Horario de atención e recollida:

 

 

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

9:00- 9:50

 

   

 

 

9:50 - 10:40

 

 

   

 

10:40 - 11:30

        

 

11:30 - 12:00

 

 

SECRETARÍA

 

 

12:30- 14:00

SECRETARÍA

SECRETARÍA

 SECRETARÍA

 SECRETARÍA

SECRETARÍA

16:00 - 17:00

SECRETARÍA

 

     

Tarde dos Luns de 16:00 a 17:00

Para solicitar más información e entregar toda a documentación deben obrigatoriamente dirixirse á Dirección na Sede do CRA:

 

· Avda. Vázquez de Parga 119 bl2, 1º D           Tlf:981.703.403

 

· Normativa Reguladora:

* Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

* Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

* Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

* Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.

*Instrucións da Dirección Xeral de Centros e R.R.H.H. do 24 de febreiro de 2021.

* Resolución do 25 de febreiro de 2021 do sorteo das letras de desempate (1º apelido son as letras "W" e "S"; 2º apelido as letras "B" e "F".)

* Información sobre o baremo.

* Información baremo criterio complementario

Imaxe de teresa

AXUDAS DO CONCELLO AO 2º CICLO DE INFANTIL

O Concello de Carballo publicou esta semana as Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de educación infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Consevatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2020-2021. O prazo para presentar as solicitudes esténdese ata o vindeiro 12 de marzo.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 

Do 12 de febreiro ao 12 de marzo.

 

INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS 

No enderezo electrónico culturacarballo@carballo.gal e telefónicamente de 11.00 a 12.30 h no 981 704 300 

 

LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN

 

A través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ 

Ou con cita previa chamando no: 
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo 981 704 100 
  • Rexistro auxiliar de Cultura 981 704 300 
  • Rexistro auxiliar Servizos Sociais 981 704 706 
  • Rexistro auxiliar Deportes 981 702 109  
  • Rexistro auxiliar Fórum 981 709 010

 

 
DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA

  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos e asinados 
  • Copia do libro de familia 
  • DNI ou NIF provisional do beneficiario 
  • Xustificante de titularidade onde conste o nº de conta co IBAN a nome do beneficiario/a (neno/a) da axuda.  
  • En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a beneficiario/a. No caso de custodia compartida ambos proxenitores forman unha unidade familiar cos fillos que teñan en común.

Máis información:

- modelo de solicitude.

- bases da solicitude.

- información axudas.

 

 

Imaxe de teresa

MESTRA DE OBRA (PROXECTO LUPO)

O vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 a arquitecta e educadora Patricia González Pérez presentará o programa Mestra de Obra a través dunha xuntanza online coas familias interesadas. Para acceder a esta reunión farase a través do seguinte enlace:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=mc3aecc810e5c0ab34f9b64769c0dca52

Durante a reunión é importante ter o micrófono e o vídeo apagado para evitar que a rede sobrecargue. A xuntanza comezará 10 minutos antes da hora programada para poder solventar posibles dificultades de conexión.

Podedes consultar os pasos a seguir para a conexión no seguinte vídeo:

 

 

 

O claustro do CRA agradécevos a vosa colaboración e implicación.

Imaxe de teresa

DÍA DE PORTAS ABERTAS

Se desexades coñecer as escolas que conforman o C.R.A. Ponte da Pedra, aproveitade o día de portas abertas que se organizará na tarde do luns 22 de febreiro. Todas as persoas interesadas en acudir á visita, deberedes pedir cita previa na escola ou escolas que vos interese e cumprir coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas na normativa vixente.

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

RESERVA DE PRAZAS

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 18 de decembro de 2020 que a modifica, o próximo día 11 de xaneiro inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nos centros adscritos.

A adscrición das nosas escolas é a seguinte:

- 6º de E.I. de Mirón e Rega: C.E.I.P. Fogar.

- 2º de E.P. de Artes e Verdillo: C.E.I.P. Gándara (Sofán).

- 2º de E.P. de Cances, Sísamo e Xoane: C.E.I.P. Bergantiños.

PRAZO DAS SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

PRESENTACIÓN:

- medios telemáticos coa CHAVE365 ou certificado dixital na aplicación admisionalumnado.

- xeito presencial na sede do CRA por medio do formulario normalizado ED550A

IMPORTANTE: Segundo o artigo 11.2 esta reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1-20 de marzo).

(E dicir, o que desexe praza noutro centro diferente ao adscrito deberá renunciar por escrito á súa reserva de praza)

 NORMATIVA DE APLICACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut