Skip to Content
Imaxe de teresa

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2022

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2022

 

Imaxe de teresa

DÍA DE PORTAS ABERTAS

Se desexades coñecer as escolas que conforman o C.R.A. Ponte da Pedra, aproveitade o día de portas abertas que se organizará na tarde do luns 21 de febreiro. Todas as persoas interesadas en acudir á visita, deberedes pedir cita previa na escola ou escolas que vos interese e cumprir coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas na normativa vixente.


         

Imaxe de teresa

HORARIO DE SECRETARÍA

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

SECRETARÍA/DIRECCIÓN

 

Imaxe de teresa

RESERVA DE PRAZA 2022

 

RESERVA PRAZA 22/23

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos e a Orde do 18 de decembro de 2020 que a modifica, o próximo día 11 de xaneiro inícianse os trámites do procedemento coa reserva de praza nos centros adscritos.

A adscrición das nosas escolas é a seguinte:

- 6º de E.I. de Mirón e Rega: C.E.I.P. Fogar.

- 2º de E.P. de Artes e Verdillo: C.E.I.P. Gándara (Sofán).

- 2º de E.P. de Cances, Sísamo e Xoane: C.E.I.P. Bergantiños.

PRAZO DAS SOLICITUDES: do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro.

PRESENTACIÓN:

- medios telemáticos coa CHAVE365 ou certificado dixital na aplicación admisionalumnado.

- xeito presencial na sede do CRA por medio do formulario normalizado ED550A

IMPORTANTE: Segundo o artigo 11.2 esta reserva terá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (1-20 de marzo).

(E dicir, o que desexe praza noutro centro diferente ao adscrito deberá renunciar por escrito á súa reserva de praza)

 NORMATIVA DE APLICACIÓN

Imaxe de teresa

NADAL SOLIDARIO

 

Queremos agradecerlle á comunidade educativa do C.R.A. a súa solidariedade e colaboración coas achegas de alimentos para Cáritas Interparroquial de Bergantiños e Cruz Vermella Carballo.

 

 

        

Distribuir contido


by Dr. Radut