02. O CONCELLO DE CARBALLO
O CRA Ponte da Pedra está situado en Carballo, capital de Bergantiños e centro natural desta comarca. Ao norte de Galicia, entre a Fisterra atlántica e o golfo Ártabro, goza dunha situación privilexiada. Así, sitúase entre dúas das cidades máis importantes da Comunidade: A Coruña e Compostela.
Cunha superficie de 187 km cadrados Carballo é un dos municipios de maior tamaño da provincia da Coruña, ademais dun dos máis poboados. Os seus case 30.000 habitantes agrúpanse en 314 entidades de poboación e 18 parroquias. O 60% dos habitantes do Concello concéntranse no seu núcleo urbano, a carón do río Anllóns.
As características do clima oceánico, cunha media anual de 12,3°C, concédenlle uns invernos suaves e uns cálidos veráns, que convidan a descubrir a súa paisaxe.
Na imaxe pódese observar a localización aproximada das sete escolas que conforman o CRA: Artes, Cances, Mirón (Bértoa), Rega (Bértoa), Sísamo, Verdillo e Goians (Xoane).
Para máis información sobre Carballo, podedes consultar a web do concello http://www.carballo.org (da que foi extraída a información anterior).
COMENTARIOS
hai 3 anos 22 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 4 anos 28 semanas
hai 6 anos 6 semanas