01. QUE É UN CRA?
As siglas C.R.A. corresponden a Centro Rural Agrupado. É dicir, varias escolas unitarias separadas en canto á súa localización, pero que forman un centro único, comparten profesorado especialista e posúen un proxecto educativo común.
O CRA Ponte da Pedra foi fundado no 200_ por iniciativa das sete escolas unitarias que aínda hoxe conforman o centro (Artes, Cances, Mirón, Rega, Sísamo, Verdillo e Xoane) co fin de poder mellorar a oferta educativa e dispoñer de máis recursos económicos, materiais e de personal docente.
O centro conta cunha SEDE que serve como centro administrativo e punto de encontro de todos os membros da Comunidade Educativa: profesores, pais, alumnos, etc.
Os principais obxectivos perseguidos polos CRAs son os seguintes.
- Lograr unha participación activa de todos os membros da comunidade educativa, contribuíndo á revitalización das escolas unitarias, evitando o desarraigo dos nenos/as do seu contorno familiar e natural.
- Enriquecer o labor docente formando equipos permanentes de traballo, elaborando e aplicando proxectos pedagóxico-didácticos conxuntos, evitando o illamento persoal e profesional, de xeito que repercuta na formación dos nenos/as.
- Elevar a calidade do ensino nas comunidades rurais.
Para saber algo máis sobre os CRAS, podedes consultar a seguinte web, da que foi extraída parte da información anterior: http://webs.uvigo.es/ageps/crasga.htm.
COMENTARIOS
hai 3 anos 37 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas