Skip to Content

blogue de : Jesus

Imaxe de Jesus

Cabazas de Xoane 2014

Un curso máis, os nenos e as nenas de Xoane quixeron participar coa súa cabaza no concurso de Samaín.

Cada ano o nivel de cabazas e maior e sen dubida creo que disfrutareces co nivel de creatividade.

Parabéns a todos e todas, e sobre todo aos papás e mamás que tanto axudan na eaboración destas fermosísimas cabazas.

 

Imaxe de Jesus

Magosto 2014

Este venres 7 de novembro, celebramos o magosto nas instalacións de Sísamo, e grazas a carpa que nos facilitou a asociación de veciños de Sísamo, foi un xornada festiva a pesares da auga.

Os nenos e nenas xogaron, bailaron e pasárono xenial nunha xornada de convivencia excepcional.

Imaxe de Jesus

Xoaniñas na radio

Este curso as alumnas de primaria da escola de Xoane formaron o grupo teatral "As xoaniñas" e participaron no 14º Concurso de teatro lido Xosé Manuel Eirís coa obra de teatro: 'O casamento da pulga e do piollo'

Ainda que o locutor se trabuca pensando que viñamos de Berdillo, en realidade íamos de Xoane, un erro que se le perdoa xa que as Xoaniññas son voadoras e viaxeiras por natureza.

Para os que non puidechedes escoitalas en directo pola radio, deixovos a repetición para que a escoiteedes tantas veces como queirades.

 

 

 

 

 

De Xoane Teatro Lido 2014
Imaxe de Jesus

Xoane. Periodo de Adaptación 2014-15

Un curso novo comezae en Xoane temos unha alumna nova de 2 aniños e un alumno de 5 anos.

Comezamos o curso co periodo de adaptación, que tal e como a lei nos indica e de pouco mais dunha semana.

A todas luces este curso semella que fo insuficiente e non por que a nova alumna tivera excesivas dificulades para adaptarse á nova situación, o novo entorno, os novos compañeiros e compañeiras e os nvos profesores, se non que este curso lles resultou dificil incluso a alumnos escolarizados con anterioridade e que xa supoñamos adaptados.

En realidade e ainda que os mestres os mimemos e os compañeiros e compañeiras poñan todo da súa parte os alumnos acaban cansos tras 5 horas na escola, pero pouco a pouco va adaptandose e creo que a dia de hoxe xa conseguimos que non teñan excesivos problemas por deixar a papa e a mama.

E para tranquilizar a algun papa, mama e abos, e que vexan que unha vez producida a separación os nenos e nenas disfrutan na escola xogando cos compañeiros e compañeiras deixo aqui unha poucas imaxes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut