Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de teresa

La Vuelta al Cole

 

As doazóns feitas pola familias do centro ao proxecto de La Vuelta al Cole contra la leucemia infantil foron dun total de 646,25€.

Na seguinte ligazón atoparedes o diploma das doazóns.

Moitas gracias a todas e todos pola vosa colaboración!

 

Imaxe de teresa

Festa de Nadal

Mañá trasladamos a actividade lectiva das escolas ao Mercado municipal de Carballo.

Será unha xornada de xogo e diversión.

Desde ás 10h ata ás 13h,  na entrada do mercado teremos un posto con agasallos de Nadal.

FELICES FESTAS!

 

 

Imaxe de teresa

EDUCANDO EN IGUALDADE

Para a aquelas persoas que lles interese, desde o IES Isidro Parga Pondal ofertánnos o seguinte obradoiro.

Imaxe de teresa

25N: COIDÁMONOS COS CINCO SENTIDOS

Desde o CRA Ponte da Pedra conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero, cunha actividade que traspasou os muros das escolas e acadou unha proxección social.

Por que eliximos os coidados e os sentidos?

 

Porque cando ensinamos ás nenas e nenos a escoitar os sinais do seu corpo, aprenden que este non só obedece ás ordes que lle damos, senón que nos envía sinais que podemos recoñecer no noso interior. Que o cansancio ou a enerxía se poden sentir. Que sentir que somos coidados e coidar aos demais nos fai sentir ben.

Que sentir dor é un signo que indica que xa é suficiente.

Esta foi a instalaciónque se expuxo no Pazo da Cultura de Carballo. 

Imaxe de teresa

25N

Na conmemoración do 25N, día internacional contra a violencia de xénero expoñeremos as actividades realizadas nas aulas no Pazo da Cultura.

O horario de participación na instalación será de 9:30 a 13:30.

As escolas estarán distribuídas do seguinte xeito:

1ª QUENDA: MIRÓN, CANCES, SÍSAMO E XOANE: as familias achegarán ao alumnado ao Pazo da Cultura ás 9:00h. Recibirémolos no parque infantil cuberto situado xunto ao Pazo da Cultura. Recolleranse ás 14:00h en cadansúa escola.

2ªQUENDA: ARTES, VERDILLO E REGA. As familias deixarán ao alumnado en cadansúa escola ás 9:00h. Ás 14:00h, as familias recollerán ao alumnado no Pazo da Cultura na porta lateral que sae á R/Gardenias.

MERENDA: non levarán merenda. Non é preciso levar mochila.

BUS: lembrade que para viaxar en bus o alumnado de 6 ou máis anos deberá levar máscara no bus.



by Dr. Radut