Skip to Content

Enquisa para as familias sobre eleción de servizos Galopín para o curo 2024/2025

06/03/2024 12:38
Europe/Madrid

Para o vindeiro curso a empresa Galopín ofrece os servizos de Aula Madruga e Prato Frío para as familias do CRA en todas as aulas.

 

Precisamos da vosa coavoración para saber as vosas necesidades nestes servizos para poder dispor deles en setembro.

 

Pinch aquí para acceder á enquisa.

 

Moitas grazas..

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

Lembramos a toda a comunidade educativa que o prazo de Reserva de Plaza para o novo alumnado é do 1 ao 20 marzo.

Tedes a posibilidade de cubrir a reserva na páxina:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Lembrade que tedes que asinar o dous responsables o documento un na solicitude un e outro no Anexo II bis

 

Tamén  podedes cubrila con nós na Sede do colexio.

Podedes concertar unha cita en horario de 10:00 a 13:00, os martes e mércores e tamén podedes confirmar unha cita  no número de móvil: 722661345

Vinde a vernos.

ADMISIÓN ALUMNADO 2023/2024

SOLICITUDE DE ADMISIÓN ALUMNADO:

O período para presentar as solicitudes de admisión do alumnado é do día 1 ata o 20 de Marzo.

Podedes cubrir a solicitude na aplicación do portal Web de Educación premendo aquí.

VEN A VERNOS.

 

 

 

 

PREMIO ESCOLA DO ANO 2020

 Noraboa a tod@s.

MAIS E MELLOR ESCOLA

"Estamos satisfeitos, porque todo o que faga coñecer a escola, favorece ás matrículas novas"

Entregarán o Premio á Mellor escola do ano ó noso centro pola súa integración da solidariedade na formación e a súa capacidade de transformación.

Así a directora do Colexio Rural Agrupado Clara Torres de Tui, Marta González, recibiu a noticia da visita real o vindeiro xoves para entregar o galardón, que fóra aprazada polo COVID-19 e que recoñece ó centro como a mellor escola do ano, otorgado pola Fundación Princesa de Girona.

A súa traxectoria, a dinamización do rural e o seu currículo educativo xustificaron a distinción deste proxecto baseado na relación co entorno: "A filosofía do centro é participar na comunidade, dar cabida os veciños ou a avoa que quere traballar con eles a horta e o pai que ven a explicar o seu traballo"

Ese vínculo co medio xustifica o seu sistema organizativo e mais o dos CRAS da xeografía galega. Cada vez quedan menos, neste en concreto conta cunha sede central en Bornelas, e cinco aulas ou grupos de Educación Infantil repartidos en edificios independentes en distintas parroquias que dan nome ás aulas: Areas, Baldráns, Guillarei, Pexegueiro e Ribadelouro (antes contábase con outra en Caldelas).

 

VISITA CON PREMIO

 

Os reis Felipe VI e Letizia visitarán o noso CRA para entregarnos o Premio: "Escuela del Año 2020" da Fundación Princesa de Girona. Isto é así porque recoñeceunos o xurado do premio coma "exemplo de dinamización en entornos rurais, a través da participación e implicación das familias e dos membros da comunidade da que formamos parte".

 

 

O acto, que contará coa presencia das principais autoridades de Galicia, xunto a personalidades do ámbito educativo será o Xoves 28 de Outubro, na Casa Cultural de Pexegueiro despois de que os Reises realicen unha visita ás aulas das parroquias de Baldráns e Pexegueiro, que xunto con as de Ribadelouro, Guillarei e Areas forman as cinco aulas do noso Centro. 

Coincidindo ca visita, os Reis, terán un encontro informal con xoves da "Generación docentes", un programa de desenvolvemento profesional docente que aposta polo entorno rural nas prácticas curriculares polos seus valores pedagóxicos e a súa innovación. 

 

O Premio "Escuela del Año" ten como obxectivo recoñecer e facer visible o esforzo de centros educativos que apostan polo desenvolvemento do talento e a innovación en favor dunha sociedade máis xusta, solidaria e sostible e que perseguen educar nestes valores para afrontar un mundo cambiante.

Durante a súa visita, os Reis Felipe VI e Letizia pasarán por diferentes aulas para coñecer algúns dos proxectos nos que traballa o centro e que foron motivo do premio como o taller de robótica que favorece a creación de habilidades STEM a biblioteca creativa onde os nenos e nenas aprenden lingua de signos, ou os talleres de landras para facer fariña.

A xornada será retransmitida pola "Radio educativa" do centro, co apoio eses día da Radio Municipal de Tui, unha práctica que facilita o aprendizaxe da linguaxe e das competencias coma o traballo en equipo ou a capacidade de narración. 

Distribuir contido


by Dr. Radut