MAIS E MELLOR ESCOLA
"Estamos satisfeitos, porque todo o que faga coñecer a escola, favorece ás matrículas novas"
Entregarán o Premio á Mellor escola do ano ó noso centro pola súa integración da solidariedade na formación e a súa capacidade de transformación.
Así a directora do Colexio Rural Agrupado Clara Torres de Tui, Marta González, recibiu a noticia da visita real o vindeiro xoves para entregar o galardón, que fóra aprazada polo COVID-19 e que recoñece ó centro como a mellor escola do ano, otorgado pola Fundación Princesa de Girona.
A súa traxectoria, a dinamización do rural e o seu currículo educativo xustificaron a distinción deste proxecto baseado na relación co entorno: "A filosofía do centro é participar na comunidade, dar cabida os veciños ou a avoa que quere traballar con eles a horta e o pai que ven a explicar o seu traballo"
Ese vínculo co medio xustifica o seu sistema organizativo e mais o dos CRAS da xeografía galega. Cada vez quedan menos, neste en concreto conta cunha sede central en Bornelas, e cinco aulas ou grupos de Educación Infantil repartidos en edificios independentes en distintas parroquias que dan nome ás aulas: Areas, Baldráns, Guillarei, Pexegueiro e Ribadelouro (antes contábase con outra en Caldelas).