Familias,
Xa está en marcha un novo proceso de admisión.
O CRA MESTRA CLARA TORRES abre as súas portas a partir do 2 de marzo e ata o 15 de marzo para que poidades facervos unha idea de como funciona o centro, a ratio que ten en cada aula, o profesorado especialista que imparte docencia,... O CRA MESTRA CLARA TORRES ten aulas nas parroquias de MALVAS, PEXEGUEIRO, AREAS, RIBADELOURO, GUILLAREI-SOUTO, PARAMOS, BALDRÁNS, CALDELAS-BAÑOS. A media de alumnos e alumnas é de 10 nenos-nenas por aula. Temos 8 titoras, 3 profesoras de apoio especialistas en E. Infantil, profesorado especialista en INGLÉS, MÚSICA, EDUCACIÓN FÍSICA, PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA, AUDICIÓN E LINGUAXE, RELIXIÓN CATÓLICA, RELIXIÓN EVANXELICA, VALORES SOCIAIS E CÍVICOS (alternativa á relixión católica ou evanxélica). Tamén posúe Dto. Orientación Propio e a persoa que exerce a xefatura do Departamento posúe a titulación de Psicoloxía, Pedagoxía e Doutora en Psicopedagoxía.
Ofrecemos unha EDUCACIÓN DE CALIDADE, INCLUSIVA, COMPETENCIAL, DINÁMICA, GLOBALIZADA,... porén promoveremos o aprender a coñecer, o aprender a facer, o aprender a estar e a convivir, o aprender a ser. Partiremos da premisa das múltiples intelixencias que ten cada alumno e alumna e que poden ser diferentes, diversas. Temos na DIVERSIDADE o noso valor.
Nas nosas aulas damos TEMPOS para PENSAR, para DEBATIR, para TOMAR DECISIÓNS, para INDAGAR, para CONTRASTAR, para SENTIR, para APRENDER FACENDO, ....
Non é unha EDUCACIÓN alternativa, é a EDUCACIÓN do S. XXI.
Implimentamos ferramentas motivadoras:
-robótica
-xadrez
-relaxación
-narrativa dixital
-uso creativo das TIC con TABLETS
Tamén as metodoloxías e as medidas de atención á diversidade son:
-ADECUACIÓN DE METODOLOXÍAS
-ADECUACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
-ADECUACIÓN DOS TEMPOS
-APRENDIZAXE A TRAVÉS DE AMBIENTE LIBRE DE APRENDIZAXE
-DESDOBLAMENTOS CON PROFESORADO DE APOIO
-TRABALLO POR PROXECTOS, APRENDIZAXE SERVIZO, APRENDIZAXE BASADO EN PROBLEMAS, APRENDIZAXES INTEGRADOS NA CONTORNA,...
-PROGRAMAS PERSONALIZADOS PARA CADA ALUMNO CON N.E.A.E OU E.E. se fose necesario
-APOIOS DE PROFESORADO ESPECIALIZADO DE PT e AL
Outras actuacións reseñables: OBRADOIROS E FALADOIROS DE EDUCACIÓN, BIBLIOTECA PARA ALUMNADO E FAMILIAS, ACTIVIDADES COLABORATIVAS COAS FAMILIAS, FESTIVAIS, SAÍDAS COMPLEMENTARIAS ABERTAS ÁS PROPOSTAS DAS FAMILIAS, PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS EN SAÍDAS,...
Animádevos a visitar as aulas!
Non desaproveitedes esta experiencia pedagóxica!
Estaremos encantadas e encantados de facilitarvos información.
Teredes un tfno. de atención permanente: 619047372