Skip to Content

Entorno

CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS DA ZONA CONTEXTO XEOGRÁFICO Tódalas parroquias ás que pertencen as distintas aulas constituíntes do CRA sitúanse en torno ó núcleo urbano da cidade de Tui, no sur da provincia de Pontevedra na zona anterior á desembocadura do río Miño. Polo tanto, participan, en maior ou menor medida dunhas características similares, dende as estribacións do Monte Aloia ás ribeiras do río que fai fronteira con Portugal: a mesma climatoloxía temperada, o mesmo tipo de cultivos agrarios e forestais e un mesmo tipo de vexetación. Os referentes contextuais que fornecen, como material curricular, as experiencias, e reforzan os contidos, poden ser utilizados por tódolos nosos nenos e nenas, uns, nas súas propias localidades, e os outros desprazándose ata alí. CARACTERÍSTICAS SOCIOECÓNOMICAS Os recursos procedentes da explotación agraria e forestal non constitúen hoxe en día, a base da economía, senón que, pola contra, cada vez vaise observando un progresivo abandono das actividades do agro, e as familias inscríbense nunha economía de emprego en diferentes sectores: servizos nas industrias circundantes ou tamén en pequenas empresas familiares. O nivel medio de desenvolvemento pódese cualificar como bastante satisfactorio, gozando a maior parte das familias dos adiantos tecnolóxicos, servizos e acondicionamentos indispensables para as actividades de traballo e lecer. CULTURAIS Como pertencentes a un Concello que ten como núcleo urbano unha cidade de recoñecida importancia histórico-monumental, beneficiámonos das súas características e participamos nas súas manifestacións culturais: festas, tradicións, gastronomía ...aínda que cada unha destas parroquias ten as súas propias festas e actividades culturais xestionadas dende as respectivas Casas Culturais, cos seus propios grupos folclóricos, de teatro, biblioteca, etc. En xeral, obsérvase en cada localidade unha grande inquedanza pola cultura autóctona.
Distribuir contido


by Dr. Radut