Skip to Content

CARACTERÍSTICAS

CARACTERÍSTICAS AMBIENTAIS DA ZONA

CONTEXTO XEOGRÁFICO

     Tódalas Parroquias ás que pertencen as distintas aulas constituíntes do CRA sitúanse en torno ó núcleo urbano da cidade de Tui, no sur da provincia de Pontevedra na zona anterior á desembocadura  do río Miño. Polo tanto, participan, en maior ou menor medida dunhas características similares, dende as estribacións do Monte Aloia  ás ribeiras do río que fai fronteira con Portugal: a mesma climatoloxía temperada, o mesmo tipo de cultivos agrarios e forestais e un mesmo tipo de vexetación.  
     Os referentes contextuais que fornecen, como material curricular, as experiencias, e reforzan os contidos, poden ser utilizados por tódolos nosos nenos e nenas, uns, nas súas propias localidades, e os outros desprazándose ata alí.  

  CARACTERÍSTICAS SOCIOECÓNOMICAS

     Os recursos procedentes da explotación agraria e forestal non constitúen hoxe en día, a base da economía, senón que, pola contra, cada vez vaise observando un progresivo abandono das actividades do agro, e as familias inscríbense nunha economía de emprego en diferentes  sectores: servicios nas industrias circundantes ou tamén en pequenas empresas familiares. O nivel medio de desenvolvemento pódese cualificar como bastante satisfactorio, gozando a maior parte das familias dos adiantos tecnolóxicos, servicios e acondicionamentos indispensables para as actividades de traballo e lecer.

 CULTURAIS

Como pertencentes a un Concello que tén como núcleo urbano unha cidade derecoñecida importancia histórico-monumental, beneficiámonos das súas características e participamos nas súas manifestacións culturais: festas, tradicións, gastronomía ...aínda que cada unha destas parroquias ten as súas propias festas e actividades culturais xestionadas dende as respectivas Casas Culturais, cos seus propios grupos folclóricos, de teatro, biblioteca, etc. En xeral, obsérvase en cada localidade unha grande inquedanza pola cultura autóctona.          

CARACTERÍSTICAS SANITARIAS

Tódalas aulas deste centro contan con rede de auga da traída municipal de augas según información dada polo Concello de Tui agás a aula de Pexegueiro que posúe auga da traída parroquial con clorímetro. As aulas de Areas  e Ponte Internacional teñen rede de alcantarillado municipal. O resto das aulas posúen fosa séptica pero nos vindeiros meses entrarán na rede de alcantarillado municipal. Non existe auga quente nos diferentes baños ainda que se lle solicitou ó Concello agás nas aulas de Ponte Internacional. Este curso, por necesidades de escolarización dun alumno, se lle demandou a instalación de auga quente na aula de Guillarei. Non existen tomas de terra nas aulas e protectores dos enchufes.



page | by Dr. Radut