Este documento fai referencia ao establecido no TITULO V, Capítulo II da LOMCE 8/2013 cando di:
Artigo 121. Proxecto educativo.
1. O proxecto educativo do centro recollerá os valores, os obxectivos e as prioridades de actuación. Asimesmo, incorporará a concreción dos currículos establecidos pola Administración educativa que corresponde fixar e aprobar ao Claustro, así como o tratamento transversal nas áreas, materias ou módulos da educación en valores e outras ensinanzas.