XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Familias,
Xa está en marcha un novo proceso de admisión.
O CRA MESTRA CLARA TORRES abre as súas portas para que poidades facervos unha idea de como funciona o centro, a ratio que ten en cada aula, o profesorado especialista que imparte docencia,...
O CRA MESTRA CLARA TORRES ten aulas nas parroquias de MALVAS, PEXEGUEIRO, AREAS, PONTE INTERNACIONAL, RIBADELOURO, GUILLAREI-SOUTO, PARAMOS, BALDRÁNS, CALDELAS-BAÑOS.
A media de alumnos e alumnas é de 10 nenos-nenas por aula.
Temos 10 titoras, 3 profesoras de apoio especialistas en E. Infantil, profesorado especialista en INGLÉS, MÚSICA, EDUCACIÓN FÍSICA, PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA, AUDICIÓN E LINGUAXE, RELIXIÓN CATÓLICA, RELIXIÓN EVANXELISTA, VALORES SOCIAIS E CÍVICOS (alternativa á relixión católica ou evanxelista). Tamén posúe Dto. Orientación Propio e a persoa que exerce a xefatura do Departamento posúe a titulación de Psicoloxía, Pedagoxía e Doutora en Psicopedagoxía.
Animádevos a visitar as aulas!
Estaremos encantadas de facilitarvos información.
Teredes un tfno. de atención permanente: 619047372