VISITA CON PREMIO
Os reis Felipe VI e Letizia visitarán o noso CRA para entregarnos o Premio: "Escuela del Año 2020" da Fundación Princesa de Girona. Isto é así porque recoñeceunos o xurado do premio coma "exemplo de dinamización en entornos rurais, a través da participación e implicación das familias e dos membros da comunidade da que formamos parte".
O acto, que contará coa presencia das principais autoridades de Galicia, xunto a personalidades do ámbito educativo será o Xoves 28 de Outubro, na Casa Cultural de Pexegueiro despois de que os Reises realicen unha visita ás aulas das parroquias de Baldráns e Pexegueiro, que xunto con as de Ribadelouro, Guillarei e Areas forman as cinco aulas do noso Centro.
Coincidindo ca visita, os Reis, terán un encontro informal con xoves da "Generación docentes", un programa de desenvolvemento profesional docente que aposta polo entorno rural nas prácticas curriculares polos seus valores pedagóxicos e a súa innovación.
O Premio "Escuela del Año" ten como obxectivo recoñecer e facer visible o esforzo de centros educativos que apostan polo desenvolvemento do talento e a innovación en favor dunha sociedade máis xusta, solidaria e sostible e que perseguen educar nestes valores para afrontar un mundo cambiante.
Durante a súa visita, os Reis Felipe VI e Letizia pasarán por diferentes aulas para coñecer algúns dos proxectos nos que traballa o centro e que foron motivo do premio como o taller de robótica que favorece a creación de habilidades STEM a biblioteca creativa onde os nenos e nenas aprenden lingua de signos, ou os talleres de landras para facer fariña.
A xornada será retransmitida pola "Radio educativa" do centro, co apoio eses día da Radio Municipal de Tui, unha práctica que facilita o aprendizaxe da linguaxe e das competencias coma o traballo en equipo ou a capacidade de narración.