Skip to Content

XUNTANZAS

PREMIO COOPERATIVISMO NO ENSINO

O alumnado de 5 anos do CRA de Meis fomos á Cidade da Cultura a recoller o accésit que gañamos no certame "Cooperativismo no ensino"

Parabéns polo traballo realizado!!!


COOPERATIVISMO NO ENSINO

Programa da entrega de premios do COOPERATIVISMO NO ENSINO

Sábado, 4 de xullo

 

09:30 h SAÍDA DO AUTOBÚS DENDE A ESCOLA DE S. TOMÉ (DEBAIXO DA GUARDERÍA DE O MOSTEIRO).

11.30h Recepción dos asistentes
12.00 h. Entrega dos Premios á Cooperación
12.30 h. Entrega do Premio do Concurso de Iniciativas Cooperativas
12.40 h. Actuación
13.00 h. Entrega dos Premios do Certame “Cooperativismo no Ensino”
13.45 h. Visita á exposición de traballos escolares
14.00 h. Presentación e degustación de produtos cooperativos
15.30 h. Xogos cooperativos e visita á exposición “Camiño, a orixe”
17:30 h.

Remate dos actos

 
Unha vez rematado o evento (17:30 h) o mesmo autobús levará ao mesmo grupo de volta ao mesmo punto.

COMO SE FAN DEBUXOS ANIMADOS

SEICA IDES FACER UNHA PELI DE ANIMACIÓN?

POIS SE QUEREDES SABER COMO SE FAI IDE DAR UNHA VOLTA POLA BIBLIOTECA DE RABUÑOSO QUE SEGURO QUE TEN ALGÚN LIBRO QUE VOS PODA AXUDAR...

O ataque dos zombis comedores de linguas

A saia de Carolina, un grupo de zombis famentos e unhos nenos que deberán defender a súa lingua nesta curtametraxe realizada polo alumnado do CRA de Meis como parte final do proxecto realizado neste 2014 nas Xuntanzas: Que é o cinema?

Unha curta de terror con moita retranca!

 

A curta participa no Festival Audiovisual da Asociación Marearte, OLLOBOI. Podedes votar polo video para que teña opcións a gañar o premio do público no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/12MgnqFCiRed_DpPpQL88v4sMTlXQIY8FZdCWy8kxvPA/viewform

 

Compartide e suxerídelle ós vosos que, se lles gusta, voten polo video!

Cantos máis votos máis posibilidades!

Distribuir contido


by Dr. Radut