Skip to Content

Tic´s

RR#2 - XA ESTÁN AQUÍ

Rabu Radio #1 - OLA!

O RATO DA LÚA

https://go.ivoox.com/rf/85470336

Con motivo da visita de Paula Carballeira o CRA de Meis dentro do programa lectura e familias, contamos un dos seus contos máis galácticos en Rabu Radio. Lembrade que podedes anotarvos no seu obradoiro!

http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/1297

 

#13 - En primavera hai que voar

https://go.ivoox.com/rf/85144019

Chegou a primavera a Rabu Radio! E non só abren as flores, cantan os paxaros, o sol alterna cas chuvias, tamén comezan moitas novas labores agrícolas, así que preparen os seus maquinillos que hai que traballar! Pero como non todo é traballo, tomade boa nota das festas que están por chegar!

 

Descripción de #12 - A princesa do Caurel

Xa estamos de volta en Rabu Radio!! E para retomar a actividade recibimos á familia real do Caurel.
Aquí vos deixamos un novo podcast coa princesa do Caurel, o rei Carlos I e os seus dous fillos que nos contarán todos os problemas que tiveron por conta dun anel... Nin a Frodo Bolsón lle deu tanto que facer a súa alfaia.

POLO RIO ABAIXO - OS XENERAIS DO ULLA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Hoxe chegan á zona do Ulla onde cambiarán a chalana polo cabalo, serán quen de batarse en atranques cos xenerais? Amplía a información nos seguintes enlaces: https://www.youtube.com/watch?v=AGApbD6iUVM

POLO RÍO ABAIXO - ENTROIDO DE LAZA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. Nesta xornada arriban ao Entroido de Laza, como acabará esta aventura entre lama, fariña, peliqueiros e formigas? Máis información no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=qJd3QIjgFnc

POLO RIO ABAIXO - ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA

Despois de parar en Cobres e bailar coas madamas e galáns, os nosos tres aventureiros seguen a percorrer Galicia na súa chalana, descubrindo os segredos dalgúns dos entroidos máis senlleiros. En Xinzo de Limia os nosos aventureiros porán a proba a súa destreza e tamén a súa velocidade escapando das ruidosas pantallas. Máis información no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=-L3cyoQFbnEhttps://www.youtube.com/watch?v=v5188fQiN7g

Distribuir contido


by Dr. Radut