Skip to Content

Tic´s

RR#1 - EMOCIÓNS

VOLVE RABU RADIO NUN NOVO FORMATO ITINERANTE! NESTE PRIMEIRO PROGRAMA, DENDE A ESCOLA DO MARCO, DENIS, MÍA E MAYA FÁLANNOS DE EMOCIÓNS.
 
 

 

A COUSA DA FRAGA

CON ESTE VIDEO DO NOSO RABUÑOSO E O SEU NOVO AMIGO COMEZAMOS O PDI SOBRE OS ANIMAIS

FUME, unha curta colaborativa de Magosto

 

Fume é unha curta colaborativa argallada para crear un relato entre tódalas escolas do CRA, co fin ultimo de poder celebrar o Magosto todos xuntos este ano, como viña sendo habitual, e na que non podía faltar unha adaptación teatral dalgún dos nosos contos favoritos! Desta volta con Rabuñoso e Máxica como protagonistas e co noso alumnado como peza fundamental na resolución da trama.

Este Magosto quixemos homenaxear a aqueles contos que representamos en anos pasados (A bruxa regañadentes, A figueira de Pelos Tortos, O Papón, Corre, corre cabaciña...) tan significativos para as nosas nenas e nenos do CRA.

ESPECIAL RABU RADIO

Volve Rabu Radio con un programa especial para aceptar o reto que nos enviaba Rabuñoso onte.

E vós, unídesvos ao reto? 

 

O RETO DE RABUÑOSO:

 

Exper-i-ciencia

A nosa biblioteca non é só un espazo onde poder ler e levar libros, é un laboratorio creativo de aprendizaxes onde experimentamos, investigamos e debatimos e dialogamos. Un espazo aberto onde recibimos a persoas con moito que contar, coma Susana Calvo, científica do CSIC que veu ao noso Maker Espace de Paradela acompañada dos seus fascinantes bechos como parte do proxecto Exper-i-ciencia.

Quen é esta muller? A personaxe misteriosa de Rabu radio

 

 

Celebramos o Día mundial da radio con moito misterio, quen será esta muller que nos visita hoxe?
 
Graciñas Susana por pasar este bo rato con nós e ensinarnos tantas cousas!

Entrevista a Sara Cortegoso

Os Xogos olímpicos de Tokio en Rabu radio

 

Distribuir contido


by Dr. Radut