Skip to Content

Normalización Lingüística

"FIN DE CURSO 2.017/18"

ESTE ANO TIVEMOS UN FIN DE CURSO BEN CARGADIÑO! 

  • COMEZAMOS COA ENTREGA DE ORLAS ÓS NOSOS CATIVOS DE 6º NIVEL. MOITA SORTE NA NOVA ETAPA!
  • CONTINUAMOS COA ACTUACIÓN DE MANUEL SOLLA, CANTO RIMOS!
  • UNHA PARADIÑA PARA MERENDAR, A FROITA NON PODÍA FALLAR.
  • CONTINUAMOS CUNHA EXHIBICIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA DE SAN MARTIÑO.
  • GUAUUUUUU! VAIA ARTISTAS! AS FAMILIAS FIXÉRONNOS BAILAR E CANTAR COAS SÚAS VERSIÓNS DRAMATIZADAS DE "A MIÑA TÍA" DE MAMÁ CABRA E "O GALO CANTA" DE María Fumaça.

MOI BO VERÁN A TODOS E TODAS! 

 

XOGOS TRADICIONAIS EN FAMILIA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 15 de maio, víspera das Letras Galegas, e Día Mundial das Familias, celebramos tamén o Día do Xogo Tradicional na praza do concello para, en familia, revivir algúns xogos polos que non pasa o tempo cando falamos de diversión!

Benvido Maio!

ENTREVISTA A MARUJA MALLO

OS NOSOS PERIODISTAS MÁIS INTRÉPIDOS FIXERON UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA E OBRA DE MARUJA MALLO. TAL FOI A SÚA TEIMA POR COÑECELA, QUE ATA CONSEGUIRON ENTREVISTALA!

A CONTINUACIÓN PODEMOS VER UN ANAQUIÑO DO QUE DEU DE SI A ENTREVISTA. UN PEQUENA PARTE DO TRABALLO QUE TIVO O SEU COMEZO NAS AULAS COA CREACIÓN DE XORNAIS E A INVESTIGACIÓN SOBRE A VIDA DESTA GRAN ARTISTA.

Movémonos con Migallas

O CATAVENTOS

Polo Día das Letras Galegas, nenos e nenas, nais e profes do CRA de Meis representaron no auditorio municipal unha adaptación do conto "O cataventos", de María Victoria Moreno.

Aquí tedes o vídeo para volver lembrala!

 

 

Ata a prensa se fixo eco da nosa celebración do día das LETRAS GALEGAS!!

 

PAPIS CONTACONTOS.

NO MES DOS LIBROS INICIAMOS UNHA ANDAINA DE "PAPIS CONTACONTOS". COMO NOS GUSTOU QUE NOS VIÑESEN CONTAR UNS CONTIÑOS Á NOSA CLASE!

MOITAS GRAZAS PAPIS!

RABU-RADIO. PRIMEIROS PROGRAMAS!!

Preme no enlace para escoitar os nosos primeiros programas de Rabu-Radio!! Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CRA de Meis fálannos de arte, da nosa charca, do Pícnic Literario deste ano... e entrevistan a unha antiga alumna de María Victoria Moreno. Non volo perdades! 

 

https://www.ivoox.com/escuchar-audios-rabu-radio_al_11335353_1.html

 

                 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut