A nosa mascota da bibliotca "Rabuñoso" desapareceu!!! Non sabemos onde está, soamente nos enviou unha carta e unhas fotografías un pouco preocupantes...
Axúdanos a saber onde se atopa Rabuñoso adentrándonos na época medieval, e pensa como podemos rescatar ó noso gatiño preferido de maneira pacífica!!
O ENDL, e a súa coordinadora, están moi orgullosos de mostrarvos o traballo dos nosos nenos e nenas a partir do poema "O mar" do libro "O meu gato é un poeta" de Fran Alonso. Esperamos que vos guste:
Aínda estades a tempo de ver a exposición dos traballos do Día do Libro! Está no Multiusos de Mosteiro, ao fondo do corredor. Rabuñoso é un traste, e nesta ocasión propuxo que lle cambiáramos o final aos contos.
O resultado foi moi divertido! Como cambiou o conto! Ide velo!