Skip to Content

Día do libro

Taller do Día do Libro

                

Con motivo da celebración do Día do Libro, o alumnos de 4º de ESO na materia de Lengua castellana y Literatura realizamos unha pequena investigación sobre a historia do libro. Isto permitíunos achegarnos timidamente a un proceso histórico do máis interesante que conecta diferentes culturas do mundo.

Esta incursión no marabilloso mundo do libro levounos a querer compartir de manera breve e amena o que aprendemos co alumnado do CPI Progreso. Por iso, realizamos unha presentación para todo o alumando da ESO do noso centro e que deu paso a un taller de escritura con cálamo sobre un dos materiais primigenios máis utilizados na Antigüidade, o papiro.

Se pinchas na imaxe, poderás acceder á presentación que realizamos, así como algunhas fotografías que amosan o que se fixo neste taller. Esperamos que vos guste e invitámosvos a comentar no foro calquera proposta ou opinión sobre esta actividade. Sorriso

O Día do libro en 2º EP

Con motivo da celebración do Día do Libro a clase de 2º EP recibiu unha visita moi especial. A dos ratonciños Julia e Sam, os protagonistas das fascinantes historias da Casa dos ratóns, que fixeron unha longa viaxe para coñecernos. Foi máxico, extraordinario e moi emocionante estar con eles!

Os nenos e nenas tamén pintaron a "árbore dos libros" e cada nena e neno cubriu un libriño indicando o seu libro preferido. Libriños que despois colgaron da árbore como se de folliñas se tratasen. Quedoulles unha árbore chea de libros con contos, aventuras, soños, fantasía…

O Día do libro pasámolo xenial porque… nos encantan os contos!

Día do libro

Este ano non celebramos o Día do libro de xeito solidario como a nós tanto nos gusta, pero adaptándonos a esta situación rendímoslle homenaxe igualmente. 

Aínda que todos os días lle adicamos un anaquiño á lectura na escola, ese día fixémolo de xeito especial!

 

 

Día do Libro

Non coñecemos outro xeito de festexar o Día do Libro sen facer o noso Mercadiño solidario de alimentos!

Aquí vos deixamos unhas imaxes que reflexan os bos sentimentos do noso alumnado e as súas familias hacia os máis necesitados... e como non... de seu interese pola lectura!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut