Skip to Content

Concerto día da música

Como todos os anos, en novembro celebramos o día da música con música, como non pode ser doutro xeito. 

Aquí tedes o cartaz deste ano. Preparádevos que imos bailar dende o comezo ata o final!!!

Concurso relatos Samaín

Concurso literario para o alumnado  5º e 6º de EP e alumnado de toda a ESO  . 
Temática. SAMAÍN
O prazo de entrega remata o luns 28 de outubro.
 O estilo pode ser o seguinte:
 - Conto, narrativa, banda deseñada e teatro cunha extensión máxima de 2 folios (4 carillas). -
 - Poesía, de temática e métrica libre, cunha extensión máxima de 1 folio (2 carillas).  
 - O relato non poderá elaborarse na aula.
 
Os textos serán manuscritos e íntegramente en galego. Deben ser orixinais, sendo excluidos aqueles que teñan fragmentos ou partes de outros textos.
 
En canto as premios, haberá un para os mellores relatos de cada Ciclo Educativo (3ºC de EP, 1ºC da ESO e 2ºC da ESO).
aula con máis participantes no concurso gozará dunha sesión de cine de terror.
 
Indicar ó principio de cada traballo: Nome completo, curso e centro

Colaboradores para o comedor escolar

Queda aberto o prazo de admisión de membros da comunidade educativa para colaborar no comedor nas tarefas de apoio e atención ao usario do servizo do comedor.

- Convocatoria.

- Modelo de solicitude.

 
 

Documentación para solicitar praza como usuario no comedor escolar para o curso 23/24

Achéganse instruccións e modelo para solicitar praza no comedor escolar para o vindeiro curso escolar 24/25. 

Poden recoller os impresos na secretaria do centro ou imprimilos do arquivo adxunto.

Este modelo debe ser entregado na secretaría do centro  en horario de 9:00 a 13:40 h. ata o 10 de Setembro. O Centro permanecerá pechado dende o 13 de xullo ata o 31 de agosto.

Tamén poderá ser presentado por correo electrónico, sempre que esté debidamente asinado, no enderezo: cpi.progreso.catoira.centro@gmail.com.

- Autodeclaración 2024/2025

- Circular comedor 2024/2025

- Instrución 1/2024 XD_vfin

 

Bolsas para alumnado con NEAE 2024/25

Xa está aberto o prazo para solicitar as Bolsas para alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o vindeiro curso 2024/25. O prazo remata o 13 de setembro de 2024.

Fondo Solidario Libros de texto 2024/25

Achégase documentación para solicitude de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso académico 2024/25.

O prazo de presentación remata o 21 de xuño inclusive. 

Orde do 7 de maio de 2024 

- Anexo I e II (modelo a cumprimentar)

- Instrucións fondolibros_24/25

- Aplicación Fondo Libros

- Sede electrónica

Poden facer a solicitude dos seguintes xeitos:  

De xeito telemático na aplicación FondoLibros. Feita a solicitude pode presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia (con número de solicitude) ou ben presentala en papel no centro educativo.

Descargar e cumprimentar os anexos e presentalos no centro educativo.

Solicitar os anexos no centro, cumprimentalos  e entregalos no propio centro educativo.

Recomendacións lectoras verán

Aquí deixamos algunhas recomendacións para ler na praia, na piscina ou ao ir para a cama despois dun día agotador de xogos e diversión...

BO VERÁN A TOD@S!

- INFANTIL E PRIMARIA

- ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut