Skip to Content

Información xeral

LISTA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

 

Tedes nos anexos seguintes a lista dos libros de texto para o próximo curso escolar 2024-2025:

Imágenes de Libro De Dibujos Animados - Descarga gratuita en Freepik

VALES MATERIAL ESCOLAR E FONDO DE LIBROS 2024-2025

 Xa están en secretaría os vales para mercar material para o próximo curso escolar.

Por outra parte, están publicadas as listaxes provisionais de Fondo Libros no taboleiro interior do centro.

Podedes efectuar as alegacións ata o luns 8 de xullo de 2024. O martes 9 de xullo publicaremos as listaxes definitivas.

 

Material escolar Educación Infantil

COLABORADORES COMEDOR CURSO 2024/2025

Está aberto o prazo ata o 8 de setembro para admisión de solucitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usurario do comedor escolar para o próximo curso escolar.

COMEDOR ESCOLAR – CEIP PABLO NERUDA

As persoas interesadas poden chamar ao centro (988 68 50 40) ou pasar pola secretaría.

 

LISTAXE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/2025

 

Imágenes: utiles escolares | mochila escolar con útiles escolares ...

 

Aquí podedes consultar e descargar

a listaxe de material escolar para o

próximo curso:

Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar escolar 2024-2025

A Consellería de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Nos seguintes enlaces poden atopar información relacionada con esta convocatoria.

Orde do 7 de maio de 2024

Enlace fondolibros convocatoria 2024-2025

Anexo I e II (solicitude e comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 (ambos incluídos)

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO NOSO CENTRO PARA O CURSO 2024/2025

ESTÁ ADMITIDO.

 

CALENDARIO COLE 2024

Xa temos á disposición da comunidade educativa o noso novo calendario 2024.

Foi deseñado polo profesor Jorge Santiago García, do Departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, coa colaboración dos rapaces e rapazas do centro.

 

 

Paciencia! Chegará pronto aos vosos fogares...

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES COMEDOR 2023-2024

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2023-2024, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2023, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2023.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

Relación dos libros de texto e material didáctico para o curso 2023/2024.

FONDO LIBROS 2023/2024

Xa están publicadas no taboleiro interior de secretaría as listaxes do fondo de libros.

Podedes acudir ao centro  consultar as listaxes ou chamar por teléfono de 9:30 ás 13:30 ata o día venres 14 de xullo.

Distribuir contido


by Dr. Radut