Skip to Content

Novidades sobre a situación actual que afectan ó centro

Despois do publicado pola consellería de educación o pasado venres día 17 de abril, desde o CPI Padrenda Crespos parécenos necesario comunicar os pais e nais as novidades que afectan ó centro. 

Recalcar que son medidas provisionais, polo que poden cambiar ou aumentar nas próximas semanas.

Tamén sinlar que tras a sobreinformación existente polo medios, a única información veraz é a publicada en canles oficiais. Para calquera duda podedes chamar o centro ou contactar por correo electrónico.

A continuación deixamos explicadas as novidades no documento adxunto.

Un saúdo e moito ánimo.

Vídeo homenaxe os rapaces de 5º e 6º de primaria

Búscase mascota para a biblioteca

Desde o equipo da biblioteca do centro, proponse este fermoso concurso onde esperamos que participedes con ilusión e imaxinación.

A continuación adxunto a carta que nos envía o equipo de biblioteca, cas bases do concurso.

Unha aperta moi grande desde a distanza.

Os alumnos de 4º de primaria contan as súas vivenzas confinados na casa

Axuda extraordinaria comedores escolares

Hoxe publicouse no DOG a orde da axuda de comedores ecolares. Deixo adxunto o documento.

Recordar que hai que facelo vía telemática:

- Opción 1 (Se tedes certificado dixital). Podedes tramitar a solicitude a partir de mañá día 31 de marzo na sede electrónica da xunta procedemento ED601B.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&ano=2020&numpub=1&lang=es

- Opción 2 (Non tes certificado dixital). Podedes porvos en contacto co centro vía correo electrónico cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.es ou telefónica con horario de 10:00 a 13:00 988685040. Aportando os seguintes datos:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a)

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería 

c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas

 

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

AVISO IMPORTANTE

 

Estimadas familias,

Desde a dirección do centro, antes de nada, damos as grazas pola vosa colaboración ante a situación tan complicada que estamos a vivir desde a aparición do COVID-19 e desde o peche do centro.

 

Día a día, imos informar de todas as novidades que nos transmite a Consellería. Hoxe lles informámoslle das seguintes novidades:

 

- Prolóngase o estado de alarma (como xa anunciaron as autoridades nestes días, amplíase ata o día 11 de abril. Se non hai cambios os rapaces se incorporarían o martes 14 de abril, á volta de Semana Santa). 

 

- Haberá avaliación do 2º trimestre tanto en Infantil, Primaria como Secundaria. A avaliación farase ao longo da semana que vén. Polo que o venres día 3 de abril as familias terán acceso os boletíns da 2ª avaliación. Poderedes consultar as notas a través da aplicación abalarMobil (introducindo o número de teléfono de contacto que tedes no centro). En caso de non poder acceder a aplicación, teredes que poñervos en contacto cos titores para que poidan enviarvos os boletíns de maneira telemática. Nunca se fará de maneira presencial.

 

- Axudas de comedor durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento.

Unha vez que se publique a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e  semi-gratuítos de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia (o vindeiro luns), os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. 

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. Porén, no caso de que as familias non dispoñan de coñecementos ou medios para facelo, o equipo directivo do centro prestará a súa axuda.

Neste caso necesitaremos os seguintes datos

a) Número do DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado (titor/a).

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.

c) Nome e apelidos do titor/a; nome, apelidos e curso dos fillos/fillas.

d) Número de conta bancaria no que se quere recibir o aboamento da axuda.

 Enviar os datos ao correo electrónico cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.es. Rogámoslles que envíen a información completa para axilizar os trámites da axuda.

 

 

Moitas grazas pola vosa atención e comprensión,

 Venres 27 de marzo de 2020

 

O equipo directivo

Peche do centro (Luns 16 ata Luns 30 de marzo)

Bos días a todos. Ante o decretado estado de alarma por parte do goberno, vémonos na obriga de suspender calquera actividade no centro. O centro permanecerá pechado durante estos 14 días. A pesar de respetar os servizos mínmos. Atenderemos telefónicamente de 10:00 a 13:00.

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión de alumnado de cara o curso que ven, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Intentaremos ter actualizada a páxina web do centro e o acceso as webs dinámicas e notificaremos tamén as diferentes noticias e actividades propostas para o alumnado (aínda que xa teñen traballo par estos días).

Se queredes contactar con nos por calquera dúbida ou consulta, podédenos mandar un correo electrónico (cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.gal) xa que estaremos pendentes de todo por vía telemática.

 

Sei que é unha situación extraña e sen precedentes, nos tamén a estamos vivindo con intensidade. Sede prudentes e solidarios coas medidas.

 

Un saúdo e moita paciencia.

 

Libros de texto Curso 2019-2020

Relación de libros para o vindeiro curso

Fondo de libros 2019/2020

Xa está dispoñible a listaxe definitiva do fondo libros para o alumnado de 3º e 4º de primaria. Os alumnos de 5º e 6º tamén diporán de libros gratuitamente aínda que non ven na listaxe, xa que no programa recolle o EDIXGAL.

Xa temos a listaxe provisional de fondo libros para 3ºESO e 4ºESO. 

Xa está dispoñible o listado de libros que lle corresponden os alumnos de 1ºESO e 2ºESO. 

Xa temos a listaxe definitiva de fondo libros para 3ºESO e 4ºESO. 

Renovación do Consello Escolar 2018

En cumprimento da Resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG  nº 189, do 08 de outubro), da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, e aplicando o disposto no Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG do 29 de abril), modificado polo Decreto 279/1990, do 27 de abril (DOG do 17 de maio), e os decretos 324/1996, do 26 de xullo, 374/1996, do 17 de outubro, e 7/1999, do 7 de xaneiro,  que establecen as condicións de celebración das eleccións dos membros dos consellos escolares nos centros docentes, por corresponder no curso 2018-2019 a renovación dos consellos escolares, comézase o proceso regulamentario.

A partir do martes 6 de novembro estarán publicados no taboleiro do Centro os censos electorais dos distintos sectores.

O prazo para a presentación de candidaturas comeza o martes 6 e remata o 13 de novembro.

A Xunta Electoral, na reunión do 14 de novembro, resolveu proclamar candidatos ás persoas que figuran no documento adxunto.

As votacións celebraranse de acordo co calendario aprobado pola Xunta Electoral.

Animamos a todos os sectores da comunidade educativa a que participen.

Distribuir contido


by Dr. Radut