Skip to Content

Peche do centro (Luns 16 ata Luns 30 de marzo)

Bos días a todos. Ante o decretado estado de alarma por parte do goberno, vémonos na obriga de suspender calquera actividade no centro. O centro permanecerá pechado durante estos 14 días. A pesar de respetar os servizos mínmos. Atenderemos telefónicamente de 10:00 a 13:00.

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión de alumnado de cara o curso que ven, que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Intentaremos ter actualizada a páxina web do centro e o acceso as webs dinámicas e notificaremos tamén as diferentes noticias e actividades propostas para o alumnado (aínda que xa teñen traballo par estos días).

Se queredes contactar con nos por calquera dúbida ou consulta, podédenos mandar un correo electrónico (cpi.padrenda.crespos@edu.xunta.gal) xa que estaremos pendentes de todo por vía telemática.

 

Sei que é unha situación extraña e sen precedentes, nos tamén a estamos vivindo con intensidade. Sede prudentes e solidarios coas medidas.

 

Un saúdo e moita paciencia.

 



story | by Dr. Radut