Saíu publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
O alumnado a quén ten dereito a esta axuda:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/21:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
TER EN CONTA
-
O alumnado que tivo o cheque de material escolar non terá que facer a solicitude. O centro repartirá as máscaras unha vez dispoñibles.
-
Os alumnado que non tivo o cheque do material, terán que facer a solicitude no centro, cumprindo os requisitos. Cubrir Anexo da orde.
-
O alumnado de infantil non ten dereito a esta axuda.
A dirección