ESO

A Educación Secundaria Obrigatoria correspóndese co período de maduración dos nosos alumnos; por iso consideramos de vital importancia as ensinanzas que porporcionamos nesta etapa. Apostamos por unha educación integral que abrangue cada un dos diferentes ámbitos que conforman a persoa.

Por outra banda, somos conscientes dos grandes cambios que implica a adolescencia nos rapaces; por dito motivo, preocupámonos por ofrecer unha coidada atención á diversidade, en colaboración constante co Departamento de Orientación.

O mércores 26 de maio visitaron o noso centro Tere e Juan, profesores de Ciclos Formativos de Grao Medio do IES A Sangriña de A Guarda, para explicar ao alumnado de 4º de ESO interesado na Formación Profesional a súa oferta educativa.

A orientación académica-profesional tratou sobre a FP en xeral e sobre os seguintes ciclos:

  • CM de Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • CM de Sistemas microinformáticos e redes.
  • CM de Xestión Administrativa.
  • CM de FP Dual de Carrozaría.

Moitas grazas por esta charla tan interesante!

Álbum: 2020-2021 -> Charla acceso a ciclos: A Sangriña

Hoxe foi un día moi divertido no noso CPI, xa que contamos coa presenza dos actores Suso Pando e Manuel Pombal, que nos ensinaron como se fai dobraxe.

O alumnado de 3º da ESO puido comprobar como os personaxes de Crepúsculo, pasaban, a golpe de ondas sonoras, de falar en xaponés a falar en galego coas súas propias voces. Resultou moi interesante participar e mergullarse nas técnicas da dobraxe.

Abride as orellas, porque ides quedar abraiados co xeito de falar destes vampiros. Sóavos algunha voz?

 

 

Álbum: 2020-2021 -> Obradoiro de dobraxe (3º ESO)

Colaboración do alumnado de 4º ESO da materia de plástica na imaxe corporativa do Concello do Rosal co diseño de pictogramas.

Álbum: 2020-2021 -> Imaxe corporativa do Concello: Colaboración alumnado plástica

Experimentando coas máscaras

Enviado por MerceDS o 1 Novembro, 2020 - 17:22

O xoves 5 de novembro levarase a cabo na biblioteca un obradoiro onde se probará a eficacia das máscaras, dita actividade é organizada polo Club de Ciencia co gallo do Mes da Ciencia na Biblioteca e está dirixida ao alumnado integrante no Club de Ciencia.

Data: Xoves, 5 de novembro.

Hora: 11:30 a 11:45 (3º ESO C)

 11:45 a 12:00 (3º ESO B)

Lugar: Biblioteca

 

05/11/2020

RAP e REGGAE (3º ESO)

Enviado por MerceDS o 1 Novembro, 2020 - 17:15

Dentro do Proxecto Claqueta Violeta impartirase un obradoiro de Rap e Reggae ao alumando de 3º ESO.

Organizan CPI e Concello de O Rosal.

 

Data: Mércores, 4 de novembro

04/11/2020

Martes, 10 Marzo, 2020

Por último foi o alumnado de 2º ESO, integrante do Club de Ciencia, guiado por Manolo, monitor do programa Revitaliza, o que descubriu e identificou os distintos invertebrados que podemos atopar nun composteiro. Para iso utilizaron lupas, microscopios... Moitos están desexando repetir a experiencia.

"Quen vive aí?" é unha actividade pertencente ao programa educativo Revitaliza "Apúntate á compostaxe" organizado pola Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal.

Álbum: ACTIVIDADES 2019-2020 -> Compostaxe: Quen vive aí? (Club de ciencia, ESO)

O 25 de novembro o noso centro sumouse á convocatoria do día mundial contra a violencia de xénero mediante unha manifestación no patio do colexio.

Álbum: ACTIVIDADES 2019-2020 -> 25 novembro

Os alumnos de 3º ESO participaron no IX concurso de Robótica da Fundación Pedro Barrié de la Maza en Vigo.

Foi unha xornada moi emocionante na que poidemos gozar da ciencia e da tecnoloxía nun entorno lúdico.

O comportamento e o interese dos noso alumnado foi exemplar, por iso queremos felicitalos.

Os nosos parabéns moi especiais ao grupo que quedou semifinalista ( sodes uns campeóns!!!!).

Moitísimas Grazas a tod@s pola vosa participación e por gozar coa ciencia tanto coma min.

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.