A Consellería de Educación, na súa ORDE do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinou que, no curso 2024-2025, o día do Ensino se celebre o vindeiro xoves, 31 de outubro, que se considera non lectivo.
Finalmente, cabe lembrar que o venres, 1 de novembro, é festivo de ámbito estatal.