Pleno infantil no Concello do Rosal

Mércores, 20 de novembro de 2024.

No marco do Día Mundial da Infancia, o Concello do Rosal e parte do alumnado do CPI celebraron un pleno infantil no auditorio do Rosal.

O acto contou coa participación de estudantes de 4.º, 5.º e 6.º de primaria e de 1.º, 3.º e 4.º da ESO, que presentaron ante o Goberno municipal e os seus compañeiros e compañeiras diferentes propostas para mellorar o dereito á participación infantil e xuvenil no ámbito local.

Máis información na web do concello.

 

Álbum: 2024-2025 -> Pleno: Concello O Rosal


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.